O Concello retomará a partir do mes de outubro a súa oferta de escolas deportivas para todas as idades. En total hai dispoñibles dez propostas repartidas case a partes iguais entre actividades para a rapazada e as dirixidas a adolescentes e persoas adultas. Porén, ademais de promover a práctica deportiva, o Concello tamén quere darlle pulo á aprendizaxe relacionada coa Cultura. O prazo de inscrición en todas elas está aberto durante este mes co obxectivo de ir enchendo os grupos e poder comezar as clases na primeira quincena de outubro. 

Os obradoiros culturais que se van desenvolver terán un carácter estacional. O primeiro deles vai para nenas e nenos e estará centrado na cestaría, pero haberá máis adiante outros relacionados coa cociña e a repostaría. Ademais, desde a área de Cultura tamén se está traballando para poñer en marcha a Escola Municipal de Teatro aberta a todas as idades. Destas novidades informarémosvos puntualmente a través da web, das redes sociais e deste mesmo boletín a medida que vaiamos concretando a súa programación.

Onde si podedes inscribirvos desde xa mesmo é nas actividades habituais para exercitar o corpo e incluso a mente. De feito, o Concello tamén reedita entre outubro e xuño os obradoiros de memoria para persoas maiores, cos que se pretende manter esperta a cabeza con xogos físicos e cognitivos.

O catálogo completo de actividades xa pechadas é o seguinte:

ESCOLAS DEPORTIVAS PARA A RAPAZADA

Actividade

Día

Horario

Lugar

Iniciación á patinaxe * para 3 a 12 anos

xoves

15.15 a 16.30h.

Pavillón Municipal

Perfeccionamento patinaxe*

luns

15.15 a 16.30h.

Pavillón Municipal

Raqueta* (tenis, bádminton, tenis de mesa) 5-12 anos

martes

15.30 a 16.30h.

Pavillón Municipal

Tiro con arco para maiores de 8 anos

venres

15.30 a 17.00h.

Pavillón Municipal

(*)Actividades extraescolares

 

ESCOLAS PARA PERSOAS ADULTAS

Actividade

Días

Horario

Lugar

Maiores+: actividade física para maiores de 50 anos

luns, martes e xoves

17 a 18.00h.

18.30 a 19.30h.

Local social de Abade

Pavillón Municipal

Movémonos: aeróbic, circuit training, step… para maiores de 14 anos

luns, martes e xoves

19.30 a 20.30h.

Pavillón Municipal

Spinning* para maiores de 16 anos

luns e mércores

20.30 a 21.30h.

Pavillón Municipal

Pilates* para maiores de 16 anos

mércores e venres

10 a 11.00h. e

11.00 a 12.00h.

Antiga biblioteca municipal de Casabranca

Zumba para maiores de 12 anos

martes e xoves

20.30 a 21.30h.

Pavillón Municipal

Escola de atletismo para maiores de 14 anos

martes

19.30 a 20.30h.

Pavillón Municipal

Obradoiros de memoria para persoas maiores

venres

16 a 19.00h.

Biblioteca Municipal

(*)Actividades con límite de prazas

Cando empezan e cando hai que pagar?
Todas estas escolas e obradoiros comezarán a partir do 15 de outubro e a confirmación e pagamento das cotas poderá facerse do 3 de outubro en diante. Os obradoiros de memoria empezarán o día 3.

Onde me apunto?
Para inscribirse nas escolas de deporte fai falla contactar co técnico da área a través do teléfono 981 404 006 ou enviándolle un correo á conta daniel.feijoo@moeche.gal. O técnico atende de luns a venres entre as 9 e as 14.00h. e, despois do 16 de outubro, só os mércores e venres de 11 a 14.00h.

Para informarse sobre as actividades culturais ou apuntarse nos obradoiros de memoria é necesario chamar ao Concello, pasar por alí ou remitir un correo á conta xeral correo@moeche.gal.

Que documentación teño que presentar?
O alumnado que empece por primeira vez nas escolas deberá achegar a fotocopia do DNI e o xustificante de ter pagado o prezo público cando se lle confirme a praza. Ademais tamén hai que entregar debidamente cuberta a folla de inscrición, dispoñible nas ligazóns que hai ao pé desta nova ou na Casa do Concello. Para as actividades deportivas tamén fai falla presentar a copia da tarxeta sanitaria. Quen xa participase nas escolas o ano pasado só terá que presentar a solicitude e o xustificante bancario do pagamento.

Canto custa?
Os prezos das actividades veñen recollidos na correspondente ordenanza fiscal, que mantén as contías con respecto a outros anos. Están determinadas segundo as horas de duración de cada escola e prevense descontos desde un 15 ata o 100% naquelas impartidas directamente polo Concello, sempre e cando se cumpran os requisitos reflectidos na ordenanza.

Duración

Importe xeral

Menores de 18 anos e maiores de 65

1 hora semanal

6€/mes

5€/mes

2 horas semanais

10€/mes

6€/mes

3 horas semanais

12€/mes

9€/mes

Zumba

15€/mes

Actividade sen descontos

Os prezos públicos veranse reducidos nos seguintes casos (agás na actividade de Zumba, non impartida directamente polo Concello), sen que poida concorrer máis dunha redución por participante e, nese caso, aplicarase a que lle resulte máis vantaxosa:

-Familia numerosa: -50%

-Minusvalía superior ao 33%: -30%

-Máis dunha persoa participante da mesma unidade familiar: o primeiro pagará o 100% e os seguintes o 50% do prezo público. En todo caso o desconto aplicarase ás cotas menores.

-Titulares do Carné Xove: –15%

-Persoas que acrediten non ter capacidade económica para afrontar o pagamento: -100%

Documentación descargable
Folla de inscrición en Movémonos
Folla de inscrición nas escolas deportivas infantís
Folla de inscrición nas escolas para persoas adultas e Maiores+
Folla de inscrición na escola de atletismo
Folla de inscrición en Pilates
Folla de inscrición en Spinning
Folla de inscrición en Zumba