Obras, servizos e urbanismo

Obras e servizos

Mantemento de infraestruturas e servizos

Encárgase de xestionar a prestación e o mantemento dos servizos básicos de auga e de  lixo, das infraestruturas, edificios  e equipamentos de propiedade municipal, a pavimentación e conservación de pistas e estradas municipais, o mantemento de foxas sépticas, a limpeza de beiravías, mantemento de zonas verdes, recollida de cans abandonados, O departamento tamén se ocupa de manter en bo estado as áreas recreativas, parque municipal, a rede de abastecemento de auga potable e a de saneamento.

Recollida de lixo 

O servizo de recollida de lixo desenvólvese na madrugada dos martes e dos venres, agás que coincida en día festivo. Establecéronse novos puntos de instalación de colectores e reunificáronse outros puntos de xeito que se recolle en máis de 350 puntos. A prestación deste servizo está establecida na Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos sólidos urbanos. O lixo recollido trasládase ás instalacións de Sogama, empresa á que o  Concello lle pagou unha media mensual de 2.387,33€ no ano 2016.
Recomendacións: Cinco sinxelos xestos para diminuir o desperdicio de alimentos
Este servizo compleméntase coa recollida de voluminosos, plásticos agrícolas, vidro, papel e envases lixeiros.

Servizo de subministración de auga

A xestión de do servizo de auga é  municipal- mantemento da rede, lectura de contadores e cobramento-. Moeche carece de punto propio de captación de auga no seu termo municipal. Asinou desde o comezo un convenio co Concello das Somozas polo que  lle compra  a auga a este último a 0.55 € o m3  e paga o bombeo trimestralmente.
A Ordenanza reguladora da taxa polo subministro de auga a domicilio regula as tarifas deste servizo público.

Urbanismo

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Urbanismo encárgase de xestionar os certificados urbanísticos, as denuncias sobre a limpeza e mantemento de terreos e parcelas, comunicacións de apertura de locais, licenzas de construción,  comunicacions de obras menores, asesoramento, redacción de proxectos municipais de obras menores, etc.

PXOM

O Plan Xeral de Ordenamento Municipal é a principal ferramenta de ordenación territorial do municipio e a primordial tarefa da área de Urbanismo. Foi aprobado inicialmente en sesion plenaria de 2013. Tras a emisión dos correspodentes informes sectoriais por parte da Xunta de Galicia desenvolvéronse no 2016 varias reunións coa veciñanza que presentou alegacions -un total de 124- para ofrecer a correspondente información e a seguir enviaranse de novo aos diferentes departamentos da Xunta de Galicia, segundo o sector, para posteriormente proceder á aprobación provisional e xa, como último paso, a aprobación definitiva que lle corresponde á Xunta de Galicia. Pódese consultar o texto no seguinte ENLACE.

Atención ao público

Servizos técnicos municipais Horario de verán (1 de xuño a 30 de setembro) Todos os xoves en horario de mañá e tarde, de 8.30 a 14.00 h e de 16.00 a 18,00 h.

Horario de inverno (1 de outubro a 31 de maio) Todos os mércores e xoves en horario de mañá de 8.30 a 14.30 h

Servizos administrativos Horario de verán (1 de xuño a 30 de setembro) De luns a venres de 08.30 a 14.30 h

Horario de inverno (1 de outubro a 31 de maio) De luns a venres de 08.30 a 14.30 h