Rutas xeolóxicas

Xeorutas en Moeche

Mina Piquito e Canteiras de Toelo

O cobre: mina Piquito

As primeiras exploracións na procura de cobre datan de finais do século XIX, cando unha empresa inglesa comezou a explorar os montes de Moeche e Cerdido. A súa explotación, a comezos do século XX, realizouse mediante trincheiras no terreo ou no mellor dos casos chegaron a facerse pequenas escavacións subterráneas. En Moeche a zona de maior riqueza concentrouse entre o val de Santa Cruz e A Pena da Cabra (Amosa), onde a empresa española “Mimesa” comeza a verdadeira explotación dos filóns ricos en cobre, na década dos corenta. Todo o mineral extraído das minas se transportaba ata unhas instalacións, aínda visibles a día de hoxe, onde era tratado quimicamente e os residuos tiñan por destino unhas balsas. Unha destas rachou arredor do ano 1960, producindo un desastre ecolóxico no río Xubia, do que moita xente aínda se lembra polo impacto que tivo.

O toelo ou pedra de Moeche

Toelo, pedra de Moeche ou serpentina, son as distintas maneiras que temos de denominar unha rocha que se atopa case exclusivamente no contorno de Moeche. Dende o punto de vista xeolóxico o toelo é unha serpentinita, é dicir, unha rocha constituída esencialmente por serpentina, talco e óxidos de ferro. En orixe eran rochas procedentes do manto terrestre, situado a máis de 70 km de profundidade, e que por diferentes procesos xeolóxicos se converteron nas rochas que vemos hoxe. O toelo é ademais un material con gran tradición histórica, posto que foi moi empregado para uso ornamental, especialmente no ámbito relixioso, na elaboración de cruceiros, nichos, panteóns, esculturas ou elementos do interior das igrexas. Mais tamén se observa en fontes, lavadoiros, linteis, piares, columnas, escaleiras ou no mobiliario de vivendas. A súa textura irregular pero chamativa, a súa cor xeralmente verdosa e a facilidade para tallalo fixeron que o toelo gañase moita sona dentro e fóra da comarca.

XEORUTAS. VISITAS GUIADAS

O Concello de Moeche organiza durante o verán as visitas guiadas á Mina Piquito e as canteiras de toelo. Estas visitas enmárcanse no Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, impulsado por varios concellos  da comarca de Ferrolterra e do Ortegal. Realizanse baixo a guía dun experto xeólogo que orienta e dinamiza a ruta achegando ás persoas participantes ao un mellor coñecemento e coidado  do noso patrinomio xeolóxico.

VERAN 2019 RUTAS XEOLÓXICAS NO PROXECTO XEOPARQUE CABO ORTEGAL
Moeche ofrece nos meses de xullo e agosto  
8 xeorutas para coñecer a mina Piquito e as canteiras de Toelo.

Xeoruta Mina Piquito

Prezo: 10 €  Duración: 2 h  Difcultade:  baixa  Distancia: 2 km

Prazas: 20, 10 en cada visita. Persoas destinatarias: maiores de 11 anos.

Obrigatorio; botas de auga e lanterna. Uso obrigatorio de casco, achegado polo Concello.

Datas:

         Xullo                                                               Agosto
Domingo 7, de 16:00 a 20:00 h –                 Sábado 10, de 10:00 a 14:00 h
Sábado 27, de 16:00 a 20:00 h –                 Sábado 17, de 16:00 a 20:00 h
Domingo 25, de 10:00 a 14:00 h

Ver VÍDEO DA XEORUTA

Xeoruta do Toelo                                                                                                                         

Prezo 6€ Duración : 2.5 h Dificultade: baixa, Distancia: 3 km Prazas: 25 cada ruta.

Datas:
Xullo                                               Agosto

Sábado 13, de 10:30 a 14:00 h          Domingo 11, de 10:00 a 14:00 h
Xoves 15, de 10:00 a 14:.00h

Infomación sobre as visitas guiadas, calendario, grupos, prezos, etc, no telefono do Concello de Moeche, 981 404 006 ou en período de visitas consultar en https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es