Obradoiro da Memoria
1. O entroido
O Entroido era unha festa completa. Pola mañá facíase o traballo de fóra: collíase a herba ou o alcacer e mantíñanse as vacas pisando unas boas “bañadiñas” de toxo para deixar así o gando mantido e disponer da tarde libre, xa que ese día non había lindeiro.
2. As festas do patrón
Chegados estes meses do verán, as aldeas rebulían de actividade. Era a época dos traballos máis pesados, de sol a sol, nos longos días do estío, pero tamén era a época das festas, polas que agardábamos con ansia. Sí, chegados os meses de Xullo e Agosto …
3. Os nadais
Si, tamén cando éramos nenos, nos anos trinta e corenta do século pasado, se celebraban as festas de Nadal. Non como agora, naturalmente, con este dispendio que xa raia no obsceno, pero dende sempre as familias …
4. A mocidade
É curioso como aos nosos netos lles costa traballo imaxinarnos como persoas novas. Parécelles que sempre fomos así, tal vez un pouco menos arrugados, pero sempre maiores, serios, cheos de sentidiño, cunha vida chea de traballos e responsabilidade e sempre polo camiño recto.
5. As vodas
Básicamente os lances amorosos e sexuais non cambiaron nada a través do discorrer da vida, dende que o home e a muller apareceron sobre a face da Terra. Sentimentos tales como amor, o desexo, os celos ou o desamor …
6. Guerra e posguerra
Os maiores non lembramos con pesar ou tristura os vellos tempos. Pola contra, as nosas sensacións son de nostalxia e ledicia. Claro que entón éramos nenos ou mozos, e o empuxe da vida podía con todo. Necesidade había, sen dúbida, pero máis ou menos era para todos a mesma …
7. O trigo
Lembrábamos os maiores na Biblioteca que por estes días de xullo e agosto, hai moitos anos, queimábase a roza. E qué é queimar a roza, preguntaránse os máis novos. Pois formaba parte, xunto con cavar a roza, dun traballo moi duro, quizás o máis duro para os labradores, e consistía en preparar o monte …
8. Falcatruadas de mocidade
¿Cómo non íamos a pasalo ben, lembra Luís, se éramos tantos, que unha vez saímos da taberna de Vila, en Labacengos, dezaoito mozos xuntos e todos máis ou menos da mesma idade, rumbo á festa de S. Xurxo …
9. Outras historias
Lembramos os maiores que cando éramos nenos e mociños, aló polos anos corenta e cincuenta, por estes días do mes de abril, celebrábamos cós nosos mestres a “Festa da Árbore”. Os nenos de Moeche reuníamonos nalgún lugar do Concello acompañados dos mestres …