Lecer e turismo
O patrimonio arquitéctónico, as xeorutas, as festas, as feiras, a área recreativa, o Festival Irmandiño ou o Castelo ofrécense neste apartado como principais recursos turísticos do noso concello para as persoas que desexen achegarse ata Moeche.
Oficina Municipal de Turismo
Moeche conta con Oficina de Turismo nos meses de verán e outono para ofrecerlle a quen nos visite información turística sobre o territorio e desenvolver accións de dinamización turística máis aló da hbaitual atención ao público, como a asistencia na planificación de rutas, nomeadamente as relacionadas co coñecemento xeolóxico do territorio ou aquelas que inclúan outros elementos patrimoniais e culturais e a promoción do Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal.
A Oficina de Turismo ten dúas localizacións, a Casa do Concello , en horario de mañá de martes a venres, e o Castelo , en horario de tarde, de martes a venres, e todo o día os festivos e as fins de semana.
Horarios da Oficina de Turismo de xullo a 15 de outubro