Participación infantil

MOECHE: CONCELLO AMIGO DA INFANCIA

Moeche comezou a dar os primeiros pasos cara á participación infantil na vida municipal en novembro de 2016 a raíz da visita do alumnado do CEIP San Ramón, por proposta de UNICEF Galicia a través do seu representante Diego Rodríguez. O resultado daquela visita foi tan significativo para o desenvolvemento da xestión do Goberno local en asuntos que afectan directamente aos menores que evidenciou a necesidade de impulsarmos o proceso de participación infantil e sentarmos as bases para que acadase carácter permanente na vida municipal.

PLENOS INFANTÍS

Moeche é un Concello Amigo da Infancia – O proceso
Un Concello Amigo da Infancia é calquera cidade, vila, aldea, comunidade ou sistema de goberno local comprometido co cumprimento dos dereitos das nenas, dos nenos e das persoas adolescentes de conformidade coa Convención sobre os Dereitos da Infancia.
Debe converterse nun concello onde as necesidades, as prioridades e os dereitos das nenas e dos nenos constitúan un dos eixos das políticas, dos programas e das decisións públicas. Os gobernos locais identifican una serie de metas para acadaren no ámbito dos cinco obxectivos marco da iniciativa:
As voces, necesidades e prioridades de cada neno e nena escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afectan.
• Cada neno e nena é valorado, tratado e respectado xustamente dentro da súa comunidade.
• Todos os nenos e nenas teñen acceso a servizos esenciais de calidade.
• Todas as nenas e nenos teñen a oportunidade de gozar da vida familiar, do xogo e do lecer.
O programa Concellos Amigos da Infancia é unha iniciativa liderado por UNICEF en máis de 30 países, incluído España, que apoia aos Gobernos municipais nos seus esforzos por facer realidade o seu compromiso cos dereitos de infancia.
En agosto de 2017 o pleno municipal acordou adherirse ao selo de UNICEF e dous meses despois aprobouse a configuración que tería o Consello Local da Infancia e a Adolescencia -CLIA- e maila Mesa de Coordinación Interna de Participación Infantil, encargada de estruturar a participación e de levar ao papel tanto a diagnose da situación de partida como o plan de actuacións, nutrido en boa parte polas achegas expresadas nos plenos polos nenos e nenas.
O 7 de maio de 2018 presentou a súa candidatura e o 26 de outubro do mesmo ano, coñeceuse a decisión de UNICEF Comité Español e outras entidades responsables -Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, FEMP e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia- de elixir a candidatura de Moeche como unha das Cidades Amigas da Infancia. Un mes máis tarde, Moeche recibía nun acto na cidade de Oviedo o distintivo de “Cidade Amiga da Infancia”.

Documentos de traballo da candidatura:

Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA)

En  novembro de 2017 o Concello de Moeche aprobou en sesión plenaria a constitución do seu Consello Local da Infancia e Adolescencia, o primeiro órgano municipal de participación infantil.  Durante o ano 2018 púxose en marcha coa incorporación dos diferentes membros.

O Grupo de Participación da Infancia e a Adolescencia – GPIA

O GPIA está constituído, como mínimo, polos nenos e nenas e adolescentes que forman parte do Consello Local da Infancia e Adolescencia.  A este grupo pódense sumar todos os menores de 8 a 17 anos (menores de 18) que residan no Concello de Moeche.

AS REUNIÓNS DO GPIA

    • Reunión de 29 de setembro de 2018
    • Reunión de 27 de outubro de 2018
    • Reunión do 5 de novembro de 2018
    • Reunión do 1 de decembro de 2018
    • Reunión do 23 de febreiro de 2019
    • Reunión do 6 de abril de 2019
    • Reunión do 21 de setembro de 2019
    • Reunión do 26 de outubro de 2019
    • Reunión do 9 de novembro de 2019
    • Reunión do 14 de decembro de 2019
    • Reunión do 25 de xaneiro de 2020
    • Reunión do 29 de febreiro de 2020. Acto Conmemoración Rosalía- O galego rebélase
    • Reunión do 24 de abril de 2020 (telemática)
    • Reunión do 29 de abril de 2020 (telemática)

Participación infantil e crise do COVID-19

A rapazada do Consello Local da Infancia e Adolescencia segue traballando, o 24 de abril mantiveron a primeira reunión telemática coa dinamizadora de Arabías Coop, que os acompaña nas reunións presenciais que fixeron nos últimos meses, para preparar a súa contribución nesta situación en que vivimos. Nos primeiros minutos da xuntanza uniuse a alcaldesa para agradecerlles o seu traballo e saber como levan o confinamento.

Con estes encontros telemáticos procuran seguir co seu traballo grupal durante o tempo que duren as restriccións. Neles reflexionan sobre a situación que estamos a vivir, informanse e comparten as súas sensacións e pensamentos.

En breve presentarannos o seu traballo..estade atentos!

RECOMENDACIÓN PARA A INFANCIA E A ADOLESCENCIA-UNICEF

En UNICEF ESPAÑA seguen traballando durante esta crise para manternos informados a través do seu blog e a páxina web. Deixámosvos os enlaces a algunha das publicacións que vos poden ser de interese e animámosvos a consultar todas as súas publicacións.

Última actualización 29.04.2020

“[…] Moitas cousas cambiaron drasticamente para nenos, nenas e adolescentes coa chegada do novo coronavirus. A súa rutina, o xogo ao aire libre, os espazos de educación, o contacto cos seus compañeiros e familia… Para moitos deles trátase dun cambio crucial: os seus dereitos poden verse ameazados neste novo escenario onde o que prima é vencer á pandemia https://ciudadesamigas.org/covid19-recomendaciones/

“O medo é unha emoción moi pouco valorada. Pero como toda emoción, é útil. Permítenos protexernos e defendernos. E o mesmo pasa coa rabia. Ante esta situación, sexamos conscientes das nosas emocións, identificándoas e compartíndoas. Máis que nunca, agora é importante facer equipo, cos nosos compañeiros e cos propios rapaces e rapazas aos que atendemos. E permitámonos coidar, tamén de forma consciente, de nós mesmos.” https://www.unicef.es/blog-proteccion/vivir-el-miedo-pautas-de-autocuidado

Regularmente van actualizando os contidos na web www.unicef.es/educa onde podedes atopar máis información.

Clip Club TV

Última actualización 27.03.2020

Dende UNICEF fannos chegar información dunha iniciativa chamada CLIP CLUB TV, “unha canle de Youtube onde os protagonistas son os nenos, nenas e adolescentes a través dos seus propios vídeos, nos que nos contan como están a vivir o confinamento en casa. UNICEF Comité Español e  Alcantara  Family  Foundation lanzamos esta proposta para toda España co obxectivo de facer máis visible a infancia e a adolescencia en momentos como este e contribuír a que poidan pasar mellores intres”.

E queren propoñervos algúns exemplos para participar:

  • Se liches un libro, película ou serie de Youtube ou TV que che guste moito, queremos que nolo recomendes
  • Que música estás a escoitar estes días para poñerche de bo humor?
  • Se inventaches un xogo e queres que outros nenos e nenas o coñezan, cóntanos como funciona
  • Es cocinillas? Se fixeches unha receita de cociña fácil e divertida, compártea!
  • Se crees que aínda hai mozos e mozas que non saben como lavarse as mans, pódesnos facer unha demostración da túa técnica máis depurada.
  • E o teu pai ou a túa nai, como se están comportando estes días en casa? Cóntanolo!

E así con moitísimas cousas: coreografías e bailes, exercicios que fas na habitación, debuxos experimentais, contos inventados, manualidades, xogos de cartas, origami, trucos de maxia…

Seguro que tes algún talento escondido e, se o compartes, podes entreter a moitos mozos e mozas.

Instrucións para que os vídeos queden moi profesionais!
– Grávate co móbil, a tableta ou o computador.
– Faino en formato horizontal
– Procura que ao teu ao redor non haxa moito ruído, así poderemos escoitarche mellor
– Evita o contraluz (non graves de costas ao sol)
– Mira á cámara, pero tenta ser natural, coma se llo explicases a teu pai, nai, irmáns/ as ou amigos e amigas
– Procura que os vídeos non sexan moi longos (como moito, un minuto e medio)
– Encantaranos recibir o teu vídeo, pero non podemos asegurar que se publiquen todos os que se rexistren.

Para subir os vídeos é moi fácil: conéctate a www.clipclubtv.com e cóntalles a túa historia.

O Consello Local da Infancia e a Adolescencia participa nas Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia

A FEGAMP organizou para hoxe no concello coruñés de Boqueixón as III Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia baixo o título "Unha aposta clave para promover o enfoque de Dereitos da Infancia no ámbito local". O foro -que conta con colaboración de UNICEF e da...

Entidades asociativas, CEIP San Ramón e Concello contra a violencia machista

A Casa do Concello acolleu a lectura pública da declaración institucional por parte de representantes de diferentes asociacións do municipio e de varios membros da Corporación Municipal. As actividades proseguiron coa participación do alumnado do CEIP San Ramón.. A...

O Consello Local da Infancia e a Adolescencia comprométese co galego

Este mércores 20 de novembro celébrase o Día Internacional da Infancia. Unha data marcada no calendario a raíz da aprobación hai 30 anos da Convención dos Dereitos do Neno, o tratado internacional que máis veces foi ratificado e que é de obrigado cumprimento para os...

A rapazada do CLIA de Moeche protagonizará durante a semana as actividades co gallo do Día Internacional da Infancia

A UNESCO ten declarado o 20 de novembro como Día Universal do Neno, unha denominación que vai indo a menos en favor da de Día Internacional da Infancia como xeito de construír igualdade de xénero tamén a través da linguaxe. En Moeche, como Concello Amigo da Infancia...

O Concello reserva 12.000 euros para axudas ao estudo

A última sesión da Xunta de Goberno Local aprobou as bases polas que se rexerá a concesión de bolsas para axudarlles ás familias do municipio cos gastos formativos e de transporte relacionados coa educación da rapazada, tanto para a que curse estudos obrigatorios como...

As cores elixidas pola rapazada do CLIA reciben o novo curso no CEIP San Ramón

No mes de agosto o Concello acometeu varias obras de mantemento e acondicionamento na escola para o comezo do novo curso 2019-2020, algunhas delas foron presentadas no Consello Escolar como é habitual ao remate do curso desde hai anos, outras acordadas polo propio...

Inscrición na segunda quenda do Sementeira

Logo do éxito de participación neste mes de xullo, o vindeiro día 1 de agosto comeza a segunda quenda do Sementeira, que cubrirá o mes completo. O período de preinscrición comezou o pasado 15  e rematará o vindeiro 24 de xullo; se ben a inscrición avanza a bo ritmo -...

A rapazada do CLIA no I Encontro Autonómico de Consellos Locais da Infancia

Moeche participa esta fin de semana no I Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e faino representado por 7 rapaces e rapazas do Grupo de Participación Infantil . Este I Encontro está organizado por Unicef Galicia en Castrelo de Miño e nel...

Programa Verán 2019 en Acción

Chega o verán e con el o bo tempo, por iso, dende o Concello temos de novo unha oferta de actividades ao aire libre tanto para a xente miúda da casa e para os de máis idade, un programa que se irá completando con algunha sorpresa de eventos e actividades culturais,...

Xa está aquí o Campamento Sementeira do verán

Sementeira volve a dinamizar o verán en Moeche.  O campamento de verán que organiza o Concello para as nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, o Sementeira, oferta un ano máis unha tempada chea de obradoiros de artesanía, xogas na piscina, contacontos, visitas ao mercado,...

As imprescindibles! A rapazada elabora as súas propostas para os programas electorais

A proposta de Unicef As imprescindibles!  foi abordada pola rapazada do Grupo de Participación Infantil (GPI) de Moeche  o 23 de febreiro reuníndose-  como está a facer os últimos sábados de cada mes-  para sacar adiante a actividade. As imprescindibles veñen sendo...

O Grupo de Participación Infantil acode ao encontro “Somos Futuro” en Carnota

O municipio coruñés de Carnota acollerá este sábado unha xornada de intercambio de experiencias con Moeche e Castrelo de Miño, dous dos oito concellos galegos que, ademais do anfitrión, teñen o recoñecemento da UNICEF como  "Cidade Amiga da Infancia". A xornada leva o...

Cerdido, Moeche e San Sadurniño reúnense co Xerente da área sanitaria

A alcaldesa de Moeche e mailos rexedores de Cerdido e San Sadurniño  mantiveron este mediodía un encontro en Ferrol con Ángel Facio -Xerente de Xestión Integrada na zona- para trasladarlle as demandas aprobadas en pleno polos tres concellos esixindo o restablecemento...

A rapazada de Moeche estrea os seus propios xogos no CEIP San Ramón

Hai moi pouquiños días que se completou a instalación dun novo tobogán  na área de xogos do colexio público de San Ramón. Un aparello de entretemento e de desenvolvemento da coordinación psicomotriz que é para os nenos e nenas, pero que tamén é dos nenos e nenas. O...

A falla de pediatra, tema dun pleno extraordinario convocado para a tarde deste xoves

Moeche, Cerdido e San Sadurniño fixaron para este xoves e á mesma hora -20.00h.- a celebración de cadanseu pleno extraordinario co que demandar da Xunta o "inmediato restablecemento" do servizo de pediatría que se viña prestando nestes tres concellos e tamén no das...

Uns Reis “de cedo” sementan de ilusión a nave do mercado

A rapazada de Moeche pode durmir tranquila o que lle resta de vacacións. Para elas e eles acabouse o estado de ansiedade que precede á noite do 5 de xaneiro. Escusan rabear máis: falar cos Reis Magos, o choio máis importante do ano, é algo que xa teñen feito e agora...

Os Reis Magos pasarán por Moeche este xoves á tarde

Os Magos de Oriente andan a mil durante estes días previos á noite do 5 de xaneiro. Hai que preparar agasallos, ordenalos segundo a ruta prevista e mesmo estar atentos por se houbese algunha petición de última hora. Sabedores de canto traballo van ter as Súas...

Moeche recibe en Oviedo o distintivo de “Cidade Amiga da Infancia”

O Pazo de Exposicións e Congresos de Oviedo acolleu hoxe a entrega dos VIII Recoñecementos Cidades Amigas da Infancia, cos que se premia o compromiso das administracións locais cos dereitos da infancia e, máis que nada, a súa aposta por implicar este colectivo na vida...

O alumnado do CEIP San Ramón reparte vacinas contra a violencia

Hoxe celébrase o Día Internacional da Infancia. Unha data que vén reivindicar os dereitos dos nenos e nenas nun mundo convulso polas guerras, polas desigualdades, pola fame e por outras moitas circunstancias que ameazan o seu desenvolvemento pleno como persoas. En...

Moeche xa é oficialmente “Concello Amigo da Infancia” recoñecido por UNICEF

A noticia coñecíase esta mesma mañá coa chegada dunha comunicación do Comité Español da UNICEF na que a delegación deste organismo internacional informaba ao Concello do seu recoñecemento como nova Cidade Amiga da Infancia, dentro da convocatoria de candidaturas para...

Contratada a instalación de cinco novas marquesinas para a ruta do transporte escolar

O estado das marquesinas das paradas do bus e a posibilidade de ampliar o seu número foi un dos temas que xurdiu no último pleno infantil celebrado no Concello a primeiros de xuño, xusto antes do remate da escola. Daquela houbo varias peticións para que se instalase...

O Grupo de Participación Infantil toma as súas primeiras decisións

O Grupo de Participación Infantil reuniuse este sábado pola mañá na Casa do Concello para empezar a traballar como órgano executivo do Consello Local da Infancia e a Adolescencia -o CLIA- constituído en Moeche a principios do verán. Na práctica trátase dun grupo...

Saen a concurso as melloras nos parques infantís de San Ramón e de Trieiro

A Deputación acaba de publicar na plataforma de Contratación do Estado a instancias do Concello a licitación das obras de mellora dos parques infantís do colexio e máis da área sociocultural de Trieiro, en Abade. O prezo de saída do contrato son 18.000 euros xustos...

Moeche avanza con paso firme cara ao recoñecemento como “Concello Amigo da Infancia”

A sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, acolleu durante a xornada deste mércores un encontro  promovido pola Consellería de Benestar, Unicef Galicia e A Fegamp, co obxectivo de mostrar experiencias exitosas de participación da rapazada  na...

O Concello destina 15.000 euros a bolsas de estudo para o curso 2018-19

Dentro duns días empeza a escola e tamén sairá publicada no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria municipal de bolsas de estudo das que se poderá beneficiar tanto o alumnado do CEIP San Ramón como aquel que curse estudos oficiais, incluídos os da ESO,...

Sementeira despide xullo cunha expedición botánica

Á rapazada do campamento Sementeira tocáballe hoxe piscina. Pero o ceo cuberto e a mañá máis ben fresca obrigaron ás monitoras a cambiar de plan sen perder de vista o importante: que os nenos e nenas aprendesen cousas novas pasándoo ben. Por iso, pouco despois das 11...

Este sábado, todo o mundo bailar con “Pesdelán mini” en Soutogrande!

Moeche volve ter nesta fin de semana unha boa remesa de propostas de lecer para toda a familia. Os Quinquilláns abrirannos de novo a porta do castelo o venres a partir das 21.00h. para facer unha visita cargada de historia, de historias e de humor. Porén, é o sabado...

Constituído o Consello Local da Infancia e da Adolescencia

A Casa do Concello de Moeche acolleu na tarde deste martes 17 de xullo a asemblea constituínte do Consello Local da Infancia e da Adolescencia, máximo órgano de representatividade das nenas e nenos do municipio na toma de decisións e na formulación de propostas sobre...

O campamento Sementeira empeza o próximo luns cunha chea de actividades para a rapazada

O programa "Sementeira" de conciliación familiar durante os meses de verán iniciará o próximo luns a súa primeira quenda cun total de 35 nenas e nenos inscritos. A alta demanda deste ano levou ao Concello a ampliar a oferta en cinco prazas, coa finalidade de darlle...

A rapazada é quen máis ordena

Día de pleno en Moeche. Non, non  nos equivocamos. Anque non lle tocase e aínda que non houbese convocatoria previa, hoxe houbo un pleno extraordinario no salón de sesións da casa consistorial. Porén, dos elixidos e elixidas en 2015 só estaba a alcaldesa, Beatriz...