Xunta de goberno
Xunta de goberno local
A Xunta de Goberno Local está presidida pola Alcaldesa e fomran parte dela os concelleiros e concelleiras:
Magin Lago Tuimil
Iria Couce Rego
Miguel Angel Pedreira Rodríguez
As sesións ordianarias da Xunta de Goberno local teñen carácter quincenal, os xoves da primeira e terceira semana de cada mes. No suposto de que o día prefixado fose festivo ou inhábil, celebrarase a sesión co mesmo carácter de ordinaria o inmediato hábil anterior.
Atribucións da Alcaldía
A Xunta de Goberno Local está presidida pola alcaldesa. As atribucións da alcaldía delegadas na Xunta de Goberno Local serán:
- Concesión de licenzas de obra e instalación, as licenzas de primeira ocupación, utilización e as licencias de apertura de establecementos e actividades, declaración completa de comunicacións previas e, en xeral, a súa toma en coñecemento.
- Concesión de autorizacións para a utilización privativa especial de bens de dominio público, agás as relativas a actividades recreativas consistentes en festas e verbenas.
- A aprobación dos expedientes e adxudicación das contratacións e concesións de toda clase, incluída a adquisición de bens e dereitos cuxa competencia lle atribúe á Alcaldía a normativa vixente a partir dun valor estimado do contrato de 50.000 €, impostos excluídos, así como a modificación, resolución e imposición de penalidades por incumprimentos contractuais nos referidos expedientes de contratación e adquisición.
- O alleamento de bens e dereitos do patrimonio municipal cuxa competencia lle atribúe á Alcaldía a normativa vixente a partir dun valor estimado do contrato de 50.000 €.
- A aprobación da oferta de emprego público de cordo co presuposto e a plantilla aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección do persoal funcionario de carreira e laboral fixo e para os concursos de provisión de postos de traballo.
- A declaración de situacións administrativas do persoal ó servizo da Corporación.
- A análise, estudo e posterior acordo ou informe, segundo proceda, dos escritos e comunicacións doutras entidades ou organismos que requiran un acto administrativo resolutorio, de coñecemento ou de informe polo Concello, sen prexuízo de que, por razóns de urxencia, a Alcaldía poida realizar estas actuacións dando conta á Xunta de Goberno Local para o seu coñecemento.
- Concesión, transmisión ou modificación de licenzas de auto-turismo.
- A concesión de subvencións cando estean sometidas a procedemento de concorrencia competitiva.
- Recoñecer todas as obrigas e a aprobación de todos os gastos dentro dos límites que competan ó alcalde.
- A aprobación inicial dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento urbanístico e a aprobación dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
Tenentes de alcaldesa
Mediante Resolución da Alcaldía acordouse nomear como tenentes de alcaldesa, pola orde que de seguido se indica, ós/ás seguintes concelleiros/as membros da Xunta de Goberno Local:
1º Tenente de alcaldesa: Magin Lago Tuimil
2º Tenente de alcaldesa: Iria Couce Rego
3º Tenente de alcaldesa: Miguel Angel Pedreira Rodríguez
Correspóndelles aos cargos nomeados substituir a Alcaldesa, na orde sinalada, nos casos legalmente establecidos.