Desde esta semana  abre as portas ao público polas mañás todos os días da semana, agás os luns que se mantén como  xornada de escanso e os  martes que só abrirá de tarde.  O Castelo  de Moeche e o seu Centro de Interpretación Incrementa así en 30 horas semanais o seu horario de apertura ao público, fronte ás 14 que  permanecía aberto habitualmente durante o outono e inverno.

A apertura do castelo polas mañás ten como obxectivo  facilitar as visitas dos centros de ensino durante o curso e dar así resposta ao programa de Turismo Escolar da Deputación da Coruña, no que se integrou o Castelo de Moeche o pasado curso.  Por outra banda, os martes  a entrada terá carácter gratuíto  polas tardes co fin de dar cumprimento ao establecido na Lei de patrimonio cultural de Galicia , tal e como se acordou en sesión plenaria do mes de agosto.

Esta ampliación de  horario pódese levar a cabo  grazas á contratación de persoal que o Concello realiza ao abeiro dunha subvención recibida da Deputación da Coruña, por importe de 12.000,00 € para o Centro de Interpretación da Revolución Irmandiña.

Para concertar visitas guiadas de grupos ou maior información: 981 404006 ext. 2

NOVO HORARIO CASTELO DE MOECHE  E CENTRO DE INTERPRETACION

OUTONO –INVERNO 2017/2018

Martes : permanecerá  aberto en horario de tarde 15.30 a 19.30 h (agás que o luns fose  festivo, nese caso o martes será xornada de descanso)

Mércores, xoves e venres

Mañá: 11.30 a 13.30                     Tarde: 16.00 a 19.00 h

FINS DE SEMANA E FESTIVOS  (excepto  24, 25 e 31 de decembro e  1 e 6 de xaneiro)

Mañá: 11.30 a 14.00                  Tarde: 16.00 a 19.00 h