Avanza Sementeira cunha acampada na noite das bágoas de San Lorenzo.

As nenas e nenos participantes no Sementeira ,tanto no mes de xullo como no mes de agosto,  gozaron dunha acampada conxunta e dunha coas familias -unhas deliciosas pizzas de Mesón O Campo, de Moeche- ,  e logo da man da  Asociación Io da Coruña  foron ver as  as estrelas nunca noite con ceo aberto, fermoso, que lles permitiu coñecer as formas e os nomes de varias agrupación de estrelas. Mas antes, ofrecéronnos un teatro de sombras con  orixinal conto argallado por el@s. O venres pola mañá, logo de almorzar na acampada foron de visita á feira e xogar ao parque municipal, sen esquecer a reciclaxe  e a rega da plantación  que fixeron a anterior semana, e que coidan con agarimo.

A semana que vén contarán con  varias sorpresas que irán contando.