O Verán en Acción achegounos en xullo e agosto unha chea de propostas para manternos en forma. Despois de deixarnos descansar durante setembro, o Concello volve poñernos en marcha con novas actividades dirixidas a todas as idades. O programa, que comeza en outubro, varía con respecto ao curso 2018/2019 para adaptarse ás preferencias da veciñanza e tamén para complementar mellor a actividade extraescolar do CEIP San Ramón. O prazo de inscrición para todas as actividades municipais está xa aberto. Hai que chamar ao 981 404 006, pasar polas oficinas municipais en horario de mañá ou ben mandar un correo a daniel.feijoo@moeche.gal. Cómpre lembrar que as asociacións veciñais de Moeche tamén contan coa súa propia oferta de cursos, para a que será necesario contactar directamente con elas.
O listado de escolas ten, polo tanto, dúas partes: unha que arranca o 7 de outubro orientada ás nenas e nenos do colexio público -con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos- e outra a partir do 14 de outubro para a veciñanza maior de 15 anos, que abrangue 5 actividades distintas con horarios compatibles.
A cativería poderá practicar, coma o ano pasado, patinaxe e deportes de raqueta -tenis, bádminton, tenis de mesa-, aos que se engaden a psicomotricidade e tamén o judo. Fóra do deporte tamén terán un interesante obradoiro de iniciación á cestaría organizado en colaboración coa asociación veciñal Val de Moeche.
As escolas para maiores de 15 anos repetirán o Maiores+, con actividade física para quen pase de 50 anos, contarán co apartado Movémonos -onde se fan exercicios máis intensos- e ofrecerán tamén sesións de spinning e patinaxe. O pilates, introducido con éxito o ano pasado, farase este curso en quendas de mañá e de tarde.
O catálogo completo de actividades é o recollido no seguinte cadro de horarios, lugares e idades:
DESDE O 7 DE OUTUBRO: ESCOLAS PARA A RAPAZADA ATA 14 ANOS
Actividade |
Día |
Horario |
Lugar |
Patinaxe (a partir de 3 anos) |
luns |
15.30 a 16.30h. |
Pavillón Municipal |
Deportes de raqueta (a partir de 5 anos) |
martes |
15.30 a 16.30h. |
Pavillón Municipal |
Judo (a partir de 5 anos) |
mércores |
15.30 a 16.30h. |
Pavillón Municipal |
Psicomotricidade (3, 4 e 5 anos) |
xoves |
15.30 a 16.30h. |
Pavillón Municipal |
Iniciación á cestaría (a partir de 5 anos)
Actividade organizada en colaboración coa A.VV. Val de Moeche |
xoves |
15.30 a 16.30h. |
Pavillón Municipal |
DESDE O 14 DE OUTUBRO: ESCOLAS PARA PERSOAS ADULTAS (+ DE 15 ANOS)
Actividade |
Días |
Horario |
Lugar |
Maiores+: actividade física para maiores de 50 anos |
luns, martes e xoves |
16.45 a 17.45h. |
Local social de Abade |
Movémonos: aeróbic, circuit training, step… |
luns e xoves |
19.00 a 20.00h. |
Pavillón Municipal |
Spinning |
luns e mércores |
20.30 a 21.30h. |
Pavillón Municipal |
Pilates en quenda de mañá |
mércores e venres |
10 a 11.00h. e 11.00 a 12.00h. |
Antiga biblioteca municipal de Casabranca |
Pilates en quenda de tarde |
martes e xoves |
20.15 a 21.15h. |
Local social de Abade |
Patinaxe |
martes |
19.00 a 20.00h. |
Pavillón Municipal |
As inscricións poden facerse desde o 16 de setembro chamando ao 981 404 006, no correo daniel.feijoo@moeche.gal ou presencialmente na Casa do Concello entre as 8.30 e as 14.00h., de luns a venres. No caso das escolas deportivas infantís tamén é posible apuntarse directamente no CEIP San Ramón.
Canto custa? As escolas infantis teñen carácter gratuito. O prezo das escolas de persoas adultas está regulado na correspondente ordenanza fiscal, que mantén as contías con respecto a outros anos. Están determinadas segundo as horas de duración de cada escola e prevense descontos desde un 15 ata o 100% naquelas impartidas directamente polo Concello, sempre e cando se cumpran os requisitos reflectidos na ordenanza.
Duración Importe xeral Menores de 18 anos e maiores de 65
1 hora semanal 6€ 5€
2 horas á semana. 10€ 6€
3 horas á semana 12€ 9€
Os prezos públicos veranse reducidos nos seguintes casos, sen que poida concorrer máis dunha redución por participante e, nese caso, aplicarase a que lle resulte máis vantaxosa:
– Familia numerosa : -50%
– Minusvalía superior ao 33 %: -30%
– Máis dunha persoa participante da mesma unidade familiar : o primeiro pagará o 100% e os seguintes o 50% do prezo público. En todo caso o desconto aplicarase ás cotas menores.
– Titulares do Carné Xove: -15%
– Persoas que acrediten non ter capacidade económica para afrontar o pagamento: -100%
As entidades veciñais tamén organizan un completo programa de cursos
En paralelo coa programación municipal, as asociacións do territorio tamén reactivan a súa oferta de cursos de todo tipo. Temos constancia da información que nos pasaron a AVV Labacengos e Val de Moeche. Vexamos que teñen preparado para os próximos meses.
AVV LABACENGOS
Actividade |
Días |
Horario |
Lugar |
Prezo |
Manualidades: pintura en tea e ao óleo, patchwork, ganchillo, bordados, calceta… |
martes |
16.00 a 19.00h. |
Local social do Ventoeiro e local social de Abade |
dependendo do número de asistentes |
Zumba |
martes e venres |
21.00 a 22.00h. |
Local social do Ventoeiro |
8€/mes só un día 15€/mes dous días |
Xuntanzas veciñais (a partir do 30 de outubro) |
últimos mércores de mes até xuño |
a partir das 16.30h. |
Local social do Ventoeiro |
Encontros para parolar e compartir tempo, gratuítos e sen necesidade de inscrición previa |
As actividades comezarán en outubro. As inscricións poden facerse no teléfono 606 729 038 |
AVV VAL DE MOECHE
Actividade |
Días |
Horario |
Lugar |
Prezo |
Manualidades: pintura ao óleo, pintura acrílica e en tea, reciclaxe de cristal, madeira e cartón. Filigrana e decoupage. |
martes |
16.00 a 18.30h. |
Local social do Pereiro |
20€/mes persoas socias 25€/mes persoas non socias |
Costura |
martes |
19.30 a 21.00h. |
Local social do Pereiro |
20€/mes persoas socias 25€/mes persoas non socias |
Cestaría |
mércores |
17.00 a 19.00h. |
Local social do Pereiro |
10€/mes persoas socias 15€/mes persoas non socias |
Bailes latinos |
sábados |
19.30 a 21.00h. |
Local social do Pereiro |
20€/mes persoas socias 25€/mes persoas non socias |
As actividades comezarán na primeira semana de outubro. Para apuntarse nelas hai que chamar ao teléfono 622 916 160 |
Últimos comentarios