A Carreira Popular Concello de Moeche forma parte do circuíto de carreiras Corre polo Norte, con probas similares en Cedeira, Cariño, Valdoviño, Cerdido, Ortigueira e Mañón. Está aberta a todas as idades con distancias que van desde os 100 m. que deberán correr os nenos e nenas máis pequenas -a categoría Pitufos- ata os 6.500 da proba absoluta, na que se encadrarán veteráns, sénior.

Data: sábado 9 de xuño – Hora: 18.00h. – Lugar: saída e chegada diante da Casa do Concello

Información: para calquera dúbida ou problema coa inscrición pódese contactar co noso técnico deportivo, Daniel Feijoo ,no teléfono: 639417975 ou no correo: daniel.feijoo@moeche.gal.

Inscricións, www.prueba-t.esI  Prazo : ata o xoves 7 de xuño en www.prueba-t.e

O prezo da participación é de 4€ de 18 anos en diante e gratis para rapazada e mocidade menor desa idade. O pagamento faise a través da  mesma web www.prueba-t.es