A alcaldesa, Beatriz Bascoy, e o presidente da Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Moeche, Roberto González Lamigueiro, asinaron este venres 11 de outubro o acordo de colaboración para o desenvolvemento das actividades e obrigas propias da súa participación cun equipo na Liga de 2ª Rexional da Federación Galega de Fútbol durante o ano 2019.
Un novo convenio de colaboración entre o Concello e a ACDR Moeche foi asinado ante por tercero ano consecutivo, nun acto no que a alcaldesa e o presidente da entidade estiveron acompañados polo concelleiro de Deportes, Miguel Pedreira..
O Convenio recolle un incremento da achega municipal respecto do ano anterior, cun total de 1.500 euros para os gastos organizativos, pero tamén a axuda por parte do Concello para facilitar o uso do denominado campo de fútbol de San Xoán e as súas instalacións para o desenvolvemento da participación na citada liga, a subministración de material (fertilizantes e similares) do mantemento do campo de xogo así como o aboamento dos gastos de luz e auga das instalacións.
Pola súa banda a A.C.R.D. Moeche asume, entre outras, a obriga de realizar as labores de mantemento do campo de xogo, excepto do céspede, da limpeza das instalacións utilizadas e o seu exterior, de inserir o logo oficial do Concello de Moeche en toda a publicidade e anuncios da participación da A.C.D.R. Moeche na citada competición federada, asi como o compromiso de que a publicidade, anuncios e calquera outro elemento deste tipo, oral ou escrito derivado deste convenio deberá ser emitido ou redactado en lingua galega.
O pagamento da axuda farase efectiva nun primeiro aboamento da metade do importe da axuda (750,00 euros) tras a sinatura do presente convenio. O importe restante aboarase tras a xustificación da realización das actividades comprendidas no presente convenio por parte da ascociación.
Últimos comentarios