O martes 1 de agosto na Casa do Concello asinouse o convenio de colaboración para a celebración do XXXVIII Festival Irmandiño, no que participaron por parte da A.C. Irmandiños de Moeche a presidenta, Carla Couce, e o secretario, Alexandre Campos; e polo Concello, a alcaldesa, Beatriz Bascoy Maceiras. Con este convenio, á parte da axuda do persoal municipal, establécese unha axuda económica de 6.000,00€ para o desenvolvemento do XXXVIII Festival Irmandiño que terá lugar o 18, 19 e 20 de agosto así como o compromiso por parte do Concello de encargarse da contratación da actuación musical Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Entidade que tamén colabora nesta nova eidcióndo Festival Irmandiño.