As obras de acondicionamento dunha área para aparcadoiro en Santa Cruz remataron e a veciñanza xa fai uso dela. A zona ten unha extensión de 1750 m2 delimitados por postes de madeira lofo dunha actuación que procurou ser o menos agresiva co entorno e ao dar servizo. Esta actuación é froito do acordo ao que chegaron o Concello e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O Concello de Moeche e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol chegaron o pasado ano a un acordo que permitirá acondicionar como zona de estacionamento parte do terreno situado ao pé do igrexario de Santa Cruz. En virtude dese acordo a Igrexa autorizou o uso de parte da leira onde antigamente se atopaba a casa reitoral da parroquia mentres que o Concello asumiu o custe das obras. O Concello e a Diocese Mondoñedo-Ferrol mantiveron varias xuntanzas para ver a posibilidade de acondicionar unha porción do terreo anexo á igrexa posto que era unha necesidade transmitida pola veciñanza.

Logo de recibir os preceptivos informes da Dirección Xeral de Patrimonio autorizando os traballos, o Concello adxudicou as obras mediante contrato menor á empresa local Construcciones Jose No Manitñan e Hijos. Para o firme e o acceso botouse zahorra compactada e utilizouse madeira tratada como material de delimitación do propio recinto. A entrada amplios de xeito que se poida manobrar con comodidade e deixouse un acceso delimitado para o resto do terreo para labores de desbroce ou outro tipo.Sö resta axardinar a pequena franxa ao pe do muro, unha zona sore a que non se pode actuar e que se cubrírá con malla antiherbas.

A área de estacionamento abrangue un rectángulo de 70 por 25 metros paralelo ao muro do predio. Esta superficie -1750 m2- é suficiente para que poidan aparcar e manobrar comodamente algo máis de medio cento de vehículos.