Concello e entidades veciñais ofrecen un conxunto de actividades para conmemorar a celebración do Día das Letras, unha programacion cultural para todas as idades con música, teator, cesteria e libros, no marco da Rede Cultural da Deputacion da Coruña.

A Real Academia acordou dedicarlle as Letras deste ano 2019 a Antón Fraguas (1905-1999), escritor, etnógrafo, etnólogo e galeguista histórico. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Mestre desde 1933, doi represaliado e obrigado a abandonar o seu posto durante a guerra. Entre 1943 e 1950 retornou á Universidade e obtivo a cátedra de Instituto; dirixiu seccións de Etnografía e Folclóre do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. En 1951 noméano membro da Real Academia Galega, onde ocupa o asento de Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego. En 1984 recibió a medalla Castelao e no 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia.

Cestería da A.VV. O Val de Moeche
Comezamos forte coas actividades organizadas polas asociacións veciñais. No Val de Moeche levan xa toda a semana cunha exposición no Castelo de Moeche dos traballos realizados nos cursos de costura e cestería. E ao longo do venres 17 haberá unha demostración de cestería no Castelo.

Libros no Mercado
No Mercado o sabado 18 ademais de podermos mercar produtos da nosa terra e agasallos para os máis achegados, arredor das 13.00 farase un sorteo de obras da literatura galega, infantil e para público adulto, entre a clientela dese día.

Para as familias e a xente miúda
Por parte do departamento de Cultura do concello, o domingo, 19 de maio comezamos cunha actividade para os máis novos e as súas familias. O Centro Cultural Frco. Piñeiro (Abade) acollerá o espectáculo infantil Un bico para Alí, da man de Fabaloba e dentro do marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Unha nova aventura da nena Alí, a través da que se presenta o fantástico e amplo mundo de xogos, historias e cancións que hoxe teñen ao seu dispor as nenas e os nenos galegos para soñar na nosa lingua. As palabras de Fabaloba van acompañadas pola música e os efectos sonoros de Luís Prego. Este espectáculo dará comezo ás 12.00 e rematará arredor das 13.30 horas. Aberto para todo o público, pero en especial para as nenas e nenos de 0 a 6 anos e as súas familias

Encrucillada na A.VV. Labacengos
E para rematar o día, qué mellor que co que nos teñen preparado dende a A.VV. de Labacengos, unha pequena homenaxe musical coa que conmemorar o Día das Letras, coa actuación do coñecido grupo Encrucillada ás 17.00 h- tamén o domingo 19- no Ventoeiro.
Dentro da Rede Cutlural da Deputación da Coruña.

Teatro como peche do Mes das Letras
E para rematar o mes das letras, qué mellor que botando unhas risas, Papar sen Cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para todos os gustos! Poderedes presenciar as artes de tres habelencios@s cociñeir@s cómic@s preparando o menú para algúns d@s personaxes máis distinguid@s do panorama galego actual.
Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galicia cómese ben, e fálase mellor!
Pechamos pois o mes, de novo no Francisco Piñeiro (Abade), o sábado 25 de maio ás 19.30 horas. Para esta actuación estarán as entradas á venda na casa do Concello. Prezo: 3€, con bonificación para >65 e <16 anos.

Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio. A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra.
(Antonio Fraguas Fraguas)

Antón Fraguas , Real ACademia Galega