Chega o verán e con el o bo tempo, por iso, dende o Concello temos de novo unha oferta de actividades ao aire libre tanto para a xente miúda da casa e para os de máis idade, un programa que se irá completando con algunha sorpresa de eventos e actividades culturais, deportivas e formativas varias ao longo do verán.

Ademais do Sementeira, un campamento cheo de  actividades interesantes variadas,  mantense a oferta de cursos de natación , tenis e ximnasia ao aire libre.

Natación e Aquagym
A piscina municipal acollerá un ano máis cursos de natación para adultos durante os meses de xullo e agosto, e tamén para os máis pequenos.
Cursos de natación infantil: mércores e venres, de 12.00 a 13.00
Curso de natación e aquagym para adultos; luns e xoves, de 12.00 a 13.00
Prezos
Persoas adultas: 15€/mes ou 28€ os dous meses.
Natación infanitl; 7€/mes ou 12€ os dous meses.
Tenis
Clases de tenis nas pistas de Abade para os menores de 16 anos, .Se se gonsegue consittuír dous grupos, haberá dúas quendas na mañá dos xoves.
Horarios: todos os xoves de 11.00 a 12.00 e de 12.00 a 13.00
Prezos: 7€ por un mes, e 13€ se se matriculan os dous meses.
Lugar: pistas de tenís en Trieiro (Abade)

Ximnasia ao aire libre
E para os maiores de idade, 0 haberá ximnasia ao aire libre nas inmediacións da casa do concello, mantemento, pilates, e utilización dos aparellos do parque biosaludable. Esta actividade será de balde.
Data: martes e xoves de martes de 10.00 a 11.00
Lugar: parque biosuadable (Casa do Concello)

Data de comezo das actividades: 1ª semana de xullo Data remate:  finais de agosto.
Información e  inscrición no teléfono  981 404 006 ou enviar un correo a daniel.feijoo@moeche.gal. Os formulario están dispoñibles no propio departamento de Deportes ou pode descargarse da web municipal.

Fichas de inscripción en formato descargable

Ficha natación e aquagym persoas adultas

Ficha natación infantil

Ficha tenis

Ficha ximnasia ao aire libre