O programa  Aprol Rural,  promovido pola  Xunta de Galicia para as entidades locais co obxectivo de que procedan a contratar persoas desempregadas para tarefas forestais, permítelle ao concello contratar unha persoa para traballos forestais durante 9 meses.

Moeche acólleuse de novo ao programa  Aprol Rural 2019 para a contratación dunha persoa como peón forestal por un período de 9 meses cun financiamento de  13.022,10€. En cumprimento co establecido nas bases do programa  establecidas pola Xunta de Galicia, o Concello solicitou estes días ao  Servizo Público de Emprego de Galicia que remitise unha listaxe de persoas candidatas que cumpran os requisitos recollidos nesa orde.

Recibida a  selección realizada polo Servizo Público de Emprego de Galicia, a selección realízase por concurso valorando os criterios da citada orde.  A persoa que resulte seleccionada encargarase das tarefas de limpeza e roza de maleza en espazos públicos

Documentación

Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para  fomento do emprego  en medio rural (Aprol rural) (Xunta de Galicia)

Bases APROL Rural

Listaxe persoas convocadas para o APROL RURAL

Listaxe persoas por orde de puntuación acadada

.