Na mañá de hoxe, no Concello de Moeche, tivo lugar a presentación oficial do 4º Slalom Concello de Moechecoa presenza da Alcaldesa, Beatriz Bascoy e a Concelleira de deportes, Iria Couce.

Durante a presentación oficial explicáronse as principais características da proba, puntuable para o campeonato galego de slalom, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de Xullo nas rúas de San Ramón de Moeche.

No referente as principais novidades, destaca o cambio de ubicación da sala de verificacdións administrativas, que será na sede de Escudería Moeche, situada no Local 1 do Recinto Feiral de Moeche, xusto no parque de traballo da proba.
En canto ao trazado da proba, permanecerá invariable con respecto a edicións anteriores, debido á boa crítica acadada entre os pilotos que estiveron presentes, tanto a nivel técnico como de zonas para a colocación do público, con moitos lugares elevados dende os que desfrutar do espectáculo, cuns niveis moi altos de seguridade.

A organización espera acadar uns niveis de participación similares ás edicións anteriores deste Slalom Concello de Moeche, onde participaron unha media duns 40 vehículos.

Para máis información, recoméndase visitar a web da Escudería Moeche www.escuderiamoeche.com, donde está dispoñible toda a información da proba modestina.