O Concello abre a licitación para as primeiras obras do Plan Ünico e do Plan de camiños de AGADER cun importe de 125.108,51€, do total de 318.552, 31 que se licitarán nos vindeiros meses, correpondentes aos proxectos incluidos no Plan adicional do POS+. Este sábado 20 de xullo publicáronse na Plataforma de Contratación do Estado as dúas licitacións aprobadas pola Xunta de Goberno local, unha para os proxectos de obra destinados ao aglomerado en quente e novas drenaxes do Camiño das Pedreiras e do Recinto Feiral, que supón a pavimentación de máis de 8.600 metros cadrados co financiamento do POS+ 2019, e outra, a mellora e acondicionamento dos camiños do Xordo-Casanova (Abade), Nogueirido – O Castelo (San Xurxo) e Loira-Abade, que suman 7288 metros cadrados aproximadamente, uns en aglomerado en quente e outros con rega asfáltica. Nos próximos meses, o Concello licitará as intervencións financiadas co POS Complementario que neste ano 2019 ascende a 193.00,00 € e xa aprobadas polas dúas institucións, e que inclúen varias pistas, novas marquesiñas e novos peches de colectores, así como a rehabilitación dalgunha infraestrutura municipal.

A Plataforma de Contratos do Estado recolle as dúas licitacións desde o sábado 20 de xullo. A obra de Pavimentación do Camiño das Pedreiras ao T.M. de San Sadurniño e o Recinto feiral licítase por procedemento aberto simplificado e o prazo para presentar as ofertas estará aberto ata o 9 de agosto de 2019 ás 23.50 h. A licitación do Plan de mellora de camiños municipais tramítase por procedemento simplificadísimo e o prazo de presentación de ofertas remata o 4 de agosto de 2019, ás 14.00 horas

POS +

Recinto feiral

Avanzado no proxecto de renovación e acondicionamento integral do recinto ferial que ten diferentes fases,  contémplase nesta licitación unha pavimentación con aglomerado en quente cunha superficie total a aglomerar que supera os 5.700 m2. Igual que no caso das Pedreiras, inclúese  unha actuación complementaria antes da pavimentación da superficie do recinto feiral, trátase da mellora da drenaxe profunda mediante a formación dunha rede de zanxas drenantes en espiña de peixe, con dous colectores dren principais. Por medio destas actuacións conseguirase unha total renovación da capa de rodadura do camiño das Pedreiras e do recinto feiral de Moeche, mellorando notablemente as prestacións e a comodidade para os usuarios dos mesmos e evitando que os desperfectos leves que presentan os camiños a día de hoxe vaian a máis e provoquen unha reparación moito máis custosa no futuro

No caso do camiño das Pedreiras ata o límite co termo municipal de San Sadurniño, as obras consistirán nunha nova capa de rodadoura de aglomerado en quente cunha lonxitude total de actuación de 475 m,  un ancho medio de 5,25 ancho e un sobreancho inicial ata os 7,5 m. Os traballos inclúen o pintado da sinalización horizontal no camiño e sinalización da intersección inicial coa estrada autonómica AC-862, con pintura reflectante con microesferas de vidro.

Antes das tarefas de pavimentación do camiño están previstas dúas actuacións complementarias:
– Dunha banda, a mellora da rede de saneamento no seu treito final antes da foxa séptica das Pedreiras, mediante a formación dun novo treito de colector de case 45 m de lonxitude, cun by-pass no penúltimo pozo existente antes da foxa, mediante tres pozos de rexistro, co fin de evitar o último treito existente na actualidade de 160 mm de diámetro e que provoca atascos continuos pola pouca sección dispoñible
– Doutra banda, a renovación do tramo de beirarrúa existente no inicio do camiño das Pedreiras, contra a estrada AC-862. cunha soleira de formigón impreso de 12 cm e armado con mallazo

Plan de Mellora de Camiños de AGADER

O denominado Plan de Camiños, o programa polo que AGADER financia a pavimentación e mellora de camiños municipais, achega a Moeche 42.868,32 €, en dúas anualidades, mentres que o Concello debe asumir o IVE, é dicir, un 21%, que ascende a 9.002,29€. Os criterios de reparto destes fondos de AGADER teñen en conta a a superficie do concellos e a dispersión da poboación, entre outros. As obras licitadas, correspondentes aos proxectos presentados polo Concello de Moeche a AGADER a finais de 2018, e permitirán acometer unha nova pavimentación en Camiño de Loira-Abade, cunha lonxitude de 755 metros e 5 de ancho, Camiño de Casanova-Xordo, 475 m por 3,25 ancho e Camiño de Nogueirido-Castelo , 420 metros, con dous anchos ben diferenciados, unha zona entre 4 e 5 metros e outras que chega aos 14 metros de ancho.

Enlace ás licitacións:
Licitación Pavimentación Camiño As Pedreiras e recinto feiral

Licitación camiño Loira -Abade, Casanova-Xordo,Nogueirido-O Castelo