O Concello executará o proxecto de mellora de iluminación e aforro enerxético no entorno da estrada DP- 49-01, centro de saúde e estrada da feira, cun investimento próximo aos 30.000,00€, co-financiado pola Dirección Xeral da Administración Local, preto de 21.000,00€ e o Concello de Moeche que asumirá a cantidade restante, 9. 000.00€.
No proxecto global de mellora das redes de luz pública que o Concello de Moeche iniciou xa nova iluminación da AC-862 e coa substitución das luminarias e farolas da avenida 23 de abril e da rúa da feira, avanza agora cunha nova fase coa instalación de nova iluminación pública, tanto no aspecto da eficiencia enerxética como na da seguridade do servizo, no tramo da rúa Cristo Rañal, dende o centro de Saúde ata a capela e o cruce superior da estrada da feira.
O Concello presentou hai uns meses o proxecto á convocatoria da Dirección Xeral da Administración Local para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamento e vinculados á prestación de servizos municipais. Tras a comunicación do concesión para cofinanciar a obra, no mes de agosto procederase á contratación mediante contrato menor, de conformidade coas bases da convocatoria.
A actuación proposta céntrase en construír unha nova instalación na rúa Cristo Rañal, en distribución tresbolillo, dende cruce con Estrada da Feira, ata cruce superior. Dende o cruce superior ata o centro de saúde, a instalación sairá a distribución aérea, apoiándose nos postes de distribución eléctrica existentes. No adro da capela de San Ramón, desmontaranse as luminarias existentes, tipo Fernandina, para aplicarlles unha solución retrofit, con módulos LED e recuperarase a canalización existente entre esquina con rúa Estrada da Feira e cruce superior de Cristo Rañal
Intercalaranse novos puntos de luz, con luminarias de tecnoloxía LED, cunha nova canalización na rúa Estrada a Cristo Rañal para alcanzar a beirarrúa dos números impares así como o saneado de todas as luminarias, condutores e conexións afectadas pola actuación nas rúas Camiño do Coto, Camiño Río Perico, Cristo Rañal e adro da Capela de San Ramón.
A actuación proposta, non só mellora as condicións lumínicas, aumentado a iluminancia media, e sobre todo a uniformidade. Senón que tamén evita a contaminación lumínica, dado que as luminarias propostas teñen un fluxo ao hemisferio superior inferior ao 5%. Calcúlase un aforro dun 36,6% no conxunto de enerxía consumida coa conseguinte repercusión na facturación,