O próximo xoves 3 de maio empeza un novo curso na Aula TIC do Concello de Moeche. “Trámites coa administración desde o móbil ou tableta”. Neste curso poderás coñecer algunhas xestións que se poden realizar coa administración:
- Renta 2017: solicitar e confirmar o borrador
- E-Saúde do Sergas: pedir cita, consultar historia clínica e medicación.
- Chave 365: realizar trámites e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia
Data de inicio: 3 de maio
Data de fin: 26 de xullo
Horario: xoves de 10:00 a 12:00
Información e reservas:
Aula TIC do Concello de Moeche, Rúa da Feira, 32 – San Xoán
Telf: 981404006 / 616016793
Email: aulaticmoeche@gmail.com
Últimos comentarios