A aula de alfabetización dixital do Concello impartirá o mes de febreiro un curso para aprender a manexar o Whatsapp desde cero.
Contido:
- Instalación e configuración.
- Privacidade e seguridade
- Chamada, videochamada e chat
- Compartir fotos e vídeos
- Compartir documentos, ubicación e contactos
- Crear grupos e listas de difusión
Todo o Whatsapp condensado neste curso para o que non fan falla coñecementos previos e que está especialmente recomendado para persoas maiores que queiran sacarlle máis partido ao seu teléfono móbil.
- Datas: do 1 de febreiro ao 22 de marzo
- Horario: xoves de 10.00 a 12.30 h
- Duración: 20 horas
- Nº de prazas: 10
- Curso gratuíto
Información e inscricións:
Teléfono: 981 404 006 / 616 016 793
Whatsapp: 616016793
Correo: aulaticmoeche@gmail.com
Aula TIC: rúa da Feira nº 32 – San Xoán
Últimos comentarios