Continuamos co programa Noites de cine da Deputación da Coruña e desta vez tócalle de novo aos máis pequechos desfrutar dunha película!!

MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO “O saber pode máis cá forza”

DATA: 05/11/2017

HORA: 19.00 HORAS

LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL FRANCISCO PIÑEIRO (ABADE)

SINOPSE: Maimiño conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza e se
lanza á cidade xunto aos seus irmáns. Alí descobren que un enorme carballo encantado ten o palacio do rei na penumbra e sen auga, e que o soberano prometeu outorgarlle o título de marqués e darlle á súa filla, a princesa Denise, en matrimonio, a quen corte a árbore e abra o pozo.
Maimiño e o espello máxico é o único filme de animación infantil galego e en galego. Trátase dunha coproducción galego-cubana, baseada na adaptación que sobre o clásico Polgariño  escribiu o escritor cubano José Martí, e que publicou no ano 1889 na revista La edad de oro.