Os Concellos de Moeche, San Sadurniño e Cerdido conxuntamente poñerán un autobús a disposición das persoas que desexen acudir á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública para o domingo 10 de febreiro ás 12 h en Santiago de Compostela. Non é necesaria inscrición previa. O autocar sairá ás 10.00 h. da Barqueira, parará ás 10.15 h. na Casa Concello de Moeche e sobre as 10.30 h tamén se deterá diante do Concello de San Sadurniño. Haberá un segundo bus de reserva por se fose necesario. A saída de regreso está prevista para as 14.00 horas.
SOS Sanidade Pública demanda “recuperar” a sanidade galega dos “recortes de persoal, camas e orzamentos”, pero tamén acabar “coa marxinación da atención primaria”. Neste sentido, o colectivo que agrupa persoal médico e entidades sociais, esixe a eliminación das estruturas organizativas de Xestión Integrada e volver á figura das áreas sanitarias e dos hospitais comarcais.
A plataforma pide, ademais, “dotar adecuadamente aos PAC e os servizos de Urxencias hospitalarios”. Do mesmo xeito que motiva a convocatoria en “acabar coa precariedade laboral” e recuperar “todos os servizos e centros privatizados”.
A este respecto, o colectivo asegura no seu blog que nestes momentos se está dando “unha rebelión” na sanidade pública galega debida “aos recortes, á precariedade, aos problemas de accesibilidade a probas diagnósticas, á sobrecarga crónica, á perda da dirección autónoma de atención primaria, á perda de financiamento e á falta de tempo para atender ás persoas usuarias”. Razóns que terían como resultado “folgas en PAC’s, folga nas urxencias do CHUS, dimisión de xefaturas de atención primaria, paros semanais nos centros de saúde, falta de ambulancias…”
San Sadurniño, Cerdido e Moeche fletarán conxuntamente un autobús para que calquera persoa poida acudir á manifestación. Non fai falla inscrición previa, o autocar sairá ás 10.00h. da Barqueira, parará ás 10.15h. no Concello de Moeche e deterase sobre as 10.30h, diante do Concello de San Sadurniño. Haberá un segundo bus de reserva por se fose necesario.
Últimos comentarios