Desde o departamento de Medio Ambiente instaláronse hoxe novos colectores de papel e cartón, o que fai un total de 12 novos colectores deste tipo no conxunto das cinco parroquias. Máis alá das campañas de concienciación ambiental , como a que achegamos á escola e ás casas, Moeche en Verde, a dotación progresiva de servizos e medios como a recollida de voluminosos ou plásticos agrícolas á cidadanía é a peza clave para progresar no coidado do medio e no aforro.
Mántense o obxectivo municipal de seguir incrementando as toneladas recollidas de papel e cartón. Un aumento notable nos últimos catro anos que entendemos se debe a unha maior concienciación ambiental da xente, pero tamén ao feito de que se aumentaron o número de colectores para este tipo de refugallos nos últimos anos ben con fondos propios, ben mediante convenio con Ecoembes, como nesta ocasión.. Por iso nesta semana instaláronse catro depósitos novos “en zonas de maior uso, como os supermercados, a feira ou negocios, pero tamén en núcleos de poboación que carecían deles. As zonas que recibiron estes colectores foron Felgosa, na parroquia de San Xurxo, a zona do Empalme ne San Ramón, a Feira e a zona da estrada provincial DP -4901 á altura do cruce co recinto feiral. Por outro lado, enviáronse a acondicionar algún que estaba deteriorado.
O responsable da área, Miguel Pedreira indica que os puntos de colectores de papel vanse incrementando progresivamente a nucleos de poboacion onde non hai ou reforzando aqueles puntos de moito uso, como son os negocios e supermercados e que ofrecen os datos máis elevados de uso.
Tamén se colocaron nos útimos días novos colectores amarelos para a recollida selectiva de envases de plástico ne San Xiao e lugares de San Xurxo e San Xoán. Como xa e indicou hai tempo, convén recordar que o aumento estatístico na recollida de envases de plástico, vidro e cartón ou a posta en marcha no 2015 da recollida de voluminosos e de plásticos agrícolas , con carácter gratuíto, ten outras implicacións máis aló das cuantitativas e ambientais. Separar en orixe e botar cada resto no colector que corresponde supón unha redución no lixo que se manda a SOGAMA, ao tempo que se baixa a posibilidade de que nel vaian residuos impropios que penalicen a factura a fin de mes; nese sentido, Moeche conseguiu reducir nun 13,8% a facura a SOGAMA
Últimos comentarios