A Xunta de Goberno local  do pasado 2 de maio aprobou por unanimidade  o Prego de cláusulas administrativas e técnicas para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión do servizo de bar e atención instalacións da piscina municipal, temporada 2018.

Pódese consultar neste enlace: prego servizo bar piscina 2018

O Concello mantén aberto ata as 14.30 h do día 21 de maio o prazo de recepción de ofertas para a xestión do ambigú das instalacións.  Entregaranse as proposcións no Rexistro Xeral , na Casa do Concello en horario de oficina, de luns a venres ou ben  en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da  Lei 39/2015,  de 1 de outubro,do procedemento adminsistrativo común das administracións públicas

Entre os cometidos da persoa ou empresa que resulte adxudicataria están o da apertura da piscina nos horarios sinalados, a venda de entradas, a limpeza diaria,  a recollida do lixo na propia piscina e no resto da área recreativa,  levar o bar e outros aspectos que se reflicten nas bases da licitación deste contrato.