Con motivo da conmemoración do 28 de xuño “Día da diversidade sexual”, o Concello adheriuse á campaña LIBERDADE DE SER E SENTIR impulsada dende a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña e , ademais, programa un conxunto de actividades  en torno a esa data.
Levamos xa un par de anos, apoiando á conmemoración  do  Día Internacional do Orgullo LGBT e   o apoio á  comunidade LGBT, ondeando na fachada do Casa do Concello a súa bandeira, Neste día conmemóranse os disturbios de Stonewell en Nueva York de 1969 que marcaron o inicio do movemento de liberación homosexual. Pero este ano queremos ir un pouco máis aló participando nesta campaña, queremos achegar o noso gran de area e contribuir e difundir a igualdade, para que ningunha persoa se avergoñe do que é, sexa cal sexa o seu sexo biolóxico, a súa orientación sexoafectiva, a súa identidade sexual ou o seu rol de xénero. Porque todas as persoas teñen a liberdade de ser e sentir o que eles queiran.
Para todo iso, encheremos as redes sociais co cancelo #liberdadedeseresentir, proxectaremos o vídeo da campaña e pegaremos carteis por todo o concello contando coa colaboración de todas as asociacións. En especial, o 29 de xuño,  sortearemos material divulgativo da campaña no mercado a partir das 13.00 e aproveitando o Xantar Irmandiño que se celebrará ao carón do Castelo, estaremos alí ás 14.00 onde se fará un novo sorteo.
Durante o día 29 teremos varias actividades:
Xincana pola igualdade para as nenas e nenos ata 14 anos

Inscricións no propio mercado, 15 minutos antes do comezo da actividade
Data: 29 de xuño
Hora: 11.00
Lugar: Nave do Mercado de Moeche

Curso de autodefensa persoal para mulleres
Inscricións en correo@moeche.gal ou no propio concello no departamento de Benestar Social.
Data: 29 de xuño
Hora: 16.00 a 18.30
Lugar: Local social de Abade

 

Picando neste enlace poderedes ver o vídeo promocional da campaña