Moeche vai xa pola cuarta edición da Feira de gando vacún, que este ano se celebrará o 23 de xuño. A feira de gando vacún de Moeche está a consolidarse año tras año. Esta feira vai máis alá do mercado de gando habitual dos 11 e 23 de todos os meses xa que  dedica unha xornada especial a mostra de exemplares de rubia galega pertencentes a ACRUGA, asociación de criadores de gando vacún selecto de raza rubia galega. Estes exemplares, a maior parte deles,de gandeirías do municipio; poderán verse na nave do gando durante toda a mañá do 23 de xuño.

Este ano contaremos  coa segunda edición do concurso de fotografía, un concurso no que  a parte de premiar á imaxe máis votada nas redes sociais, un xurado especializado, escollerá a mellor imaxe dunha gandaría e a mellor imaxe que reflicta a vida no rural. Será a nave do Mercado a que acollerá unha exposición de todas as fotografías presentadas ao concurso. Alí tamén se poderá votar nunha urna pola foto que máis nos guste, sumando eses votos aos “gústames” obtidos en Facebook.

As fotografías que participen no concurso han de ser inéditas e deberán enviarse entre o 1 e 12 de xuño ao enderezo: correo@moeche.gal No correo farase constar o título da imaxe e o nome da autora ou autor. Con elas farase unha galería na páxina en Facebook do Concello de Moeche para que o público vote por elas dándolle ao “Gústame”.

Existen dúas categorías nas que participar:
1.- Foto dunha gandaría: na que se pode plasmar calquera actividade asociada ao traballo diario que
desenvolven as nosas gandeiras e gandeiros (alimentación dos animais, limpeza das cortes, pastoreo, etc.)
2.- Foto da vida no rural en Moeche: imaxes que deixen patente calquera modo de vida vencellado á rerra ou á crianza de animais.
Poderase remitir como máximo unha fotografía por participante en cada categoría.

Mais o programa non está pechado e nuns días presentaremos algunha actividade máis que dinamizará esta xornada de feira.

Deixamos aquí as bases completas para poder participar nesta segunda edición do Concurso de fotografía Feira do gando vacún.

Bases concurso fotografía