O anuncio do inicio do procedemento para a elección de titular e de persoa substituta do Xulgado de Paz do Concello de Moeche vén de publicarse no BOP núm. 30, do día 13 de febreiro. As persoas interesadas deben reunir as condicións legais e poden solicitar por escrito a súa participación no proceso de elección por parte do Pleno Municipal ata o 6 de marzo.
Pode ser xuíz ou xuíza de paz calquera persoa que reúna as condicións establecidas na normativa vixente para poder acceder ao cargo convocado:
— Posuír a nacionalidade española.
— Ser maior de idade.
— Estar en pleno exercicio dos dereitos civís.
— Ser residente nesta localidade, sede do Xulgado de Paz, salvo autorización da Sala de
Goberno do Tribunal Superior de Xustiza. (Artigo 15 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos xuíces de paz).
— Non estar incurso/a nalgunha das causas de incapacidade previstas na Lei orgánica do Poder Xudicial. (artigo 389).
— Non estar impedido física ou psíquicamente para a función xudicial.
— Non estar condenado por delito doloso.
— Non estar procesado ou inculpado por delito doloso.
A instancia debe dirixirse á Alcaldía e nela cómpre indicar o postos ao que concorre. O modelo de instancia está a disposición das persoas interesadas nas dependencias municipais e nesta web municipal.
Na Secretaría do Xulgado de Paz (situada na Casa do Concello, rúa da feira, 32, San Ramón, 15563 Moeche) pode consultarse o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc.
Presentación de solicitudes
Lugar: Oficinas do Xulgado de paz, situadas na Casa do Concello
Sede electrónica do concello de Moeche https://sede.moeche.gal/opencms/es/
Prazo: ata o 6 de marzo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas
Documentación de referencia
Últimos comentarios