Sábado, 23 de setembro segunda edición da Feira de Gando Vacún
O Concello de Moeche e un grupo de gandeiros e gandeiras do municipio, logo da boa acollida da primeira edición, organizan de novo a Feira de Gando Vacún.
O 23 de setembro haberá mercado de gando mais tamén:
09.30 Exposición de exemplares marcados de ACRUGA (Asociación de Criadores de Rubia Galega) das mellores explotacións da comarca de Ferrol, Ortegal e a Mariña.
Entre estes exemplares PRINCESA, a mellor vaca da provincia da Coruña que participou no certame Miss Vaca 2017 celebrado este verán en Santiago de Compostela, onde quedou en segunda posición.
11.00 h – 14.00 h Clases de pastoreo con cans a cargo do experto Alejandro Ibarra, que se achega a Moeche desde o País Vasco, Impartirá clases de pastoreo gratuítas.
16:30 Exhibición a cargo de Alejandro Ibarra para amosar as destrezas dos seus cans como pastores. As nenas e nenos que asistan poderán participar nesta demostración.
Todo no marco da feira tradicional para pasar unha agradable xornada e gozar do manexo e do control do gando por parte dos cans e dos mellores exemplares de gado da comarca.
Últimos comentarios