Entra xa en funcionamento o novo tramo de saneamento no Empalme, San Ramón, unha vez que remataron as obras e permite que as últimas vivendas- un total de 12 máis as parcelas edificables- , que aínda non contaban con este servizo no núcleo de San Ramón, se conecten á rede xeral de saneamento municipal e acadar unha xestión máis centralizada dos residuos.
O proxecto comprendeu unha segunda actuación na propia foxa séptica do lugar das Pedreiras, a penas 200 m augas abaixo do punto de enganche do novo ramal ao colector xeral. A día de hoxe o Concello de Moeche conta cunha rede unitaria de saneamento e pluviais nestea zona de San Ramón que os días de choivas intensas sofre unha sobrecarga na rede polo exceso de pluviais que provocan o levantamento das tapas e o rebosamento en superficie, problema que se solventará parcialmente mediante a instalación dun aliviadoiro de emerxencia para este tipo de episodios.
O problema da foxa das Pedreiras, que vén de vello, reside na conexión de pluviais que a leva a recibir os días de choivas intensas ou continuadas ao tratarse dunha rede unitaria malia ter unha capacidade de 45.000 litros de capacidade. O problema prodúcese no cambio brusco de sección que se da á entrada e á saída da primeira das arquetas augas arriba da foxa, a de desbaste. A construción dun aliviadoiro de emerxencia na primeira arqueta de desbaste primario permitirá solventar parcialmente o problema mais requirirá unha segunda fase de desconexión de pluviais. As obras foron realizadas por Construcciones J Piñeiro, S.L. por importe de 34. 388,00€, abeiro do Pos + 2017 da Deputación da Coruña.
Últimos comentarios