Agora sí! Tras suspender as finais anteriores debido ao temporal Ana, este sábado 23 de decembro a partir das 10.30 disputarase a final do I Open de tenis e padel de Moeche. Torneo que tivo moi boa acollida e se disputou con 60 participantes entre todas as categorías. Durante toda a xornada haberá pinchos para os asistentes e ás 17.00 entregaranse os trofeos aos finalistas e gañadores. Aquí vos deixamos a lista dos finalistas: