- As nenas e os nenos do Sementeira 2017 despediron o campamento cunha festa no pavillón
@s Sementeira gozaron durante a mañá de xogos, de inchables, da entrega de diplomas, da exposición do Libro das Artes que fixeron durante do todo o verán, dunha merenda especial e do agradecemento a todas as veciñas que colaboraron.
Durante os dous meses, xullo e agosto, a rapazada pasou boa parte das mañás cunha morea de actividades, variadas, excursións, piscina, Castelo, robótica, música, buscadores de ouro, linguaxe de sngnos, patinaxe, visita de Sés, curso de primeiros auxilios, robótica, linguas, etc.
Participaron 66 nenas e nenos nos dous meses que conviviron e aprenderon divertíndose e compartindo a súa aprendizaxe coa veciñanza do concello.
As fotografías do día a día do Sementeira son unha clara mostra da boa acollida e do éxito desta actividades entre os máis novos.
Parabéns a todos e todas eles polo seu comportamento exemplar e pola boa convivencia así como pola colaboración das súas familias.
Ata o Sementeira 2018¡
Últimos comentarios