Contan coa posibilidade de descargar un diploma de realización asinado dixitalmente unha vez superada a proba de carácter presencial que se poderá realizar na Aula TIC de Moeche.

Amtega pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia de diferentes temáticas relacionadas coas TIC, e que están  aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/ema)

Esta iniciativa formativa está aberta a toda a cidadanía, sendo o único requisito para entrar na plataforma de teleformación o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode formalizarse a través de internet.

Os cursos, dunhas 4 – 10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.

Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaráselle ao alumno a opción do exame, proba  que terá que realizar OBRIGATORIAMENTE de forma presencial nun aula CeMIT;  unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Temáticas dos cursos

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na  Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia  e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal/ema

As persoas que o precisen terán á súa disposición a Aula TIC do Concello de Moeche para utilizar o equipamento, a conexión a Internet e tamén apoio e asesoramento nos módulos formativos.

A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:

  • · Control parental
  • · Seguridade informática
  • · Uso do libro electrónico
  • · Uso da tableta
  • · Uso da cámara dixital
  • · Uso dos dispositivos electrónicos
  • · O correcto aproveitamento dos smartphone
  • · Cloud computing
  • · Comercio electrónico
  • · Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
  • · Vendas no muro
  • · Posicionamiento social
  • · Creación de blogs
  • · Redes sociais
  • · Administración Electrónica
  • · Trámites económicos na Internet
  • · Factura electrónica
  • · Tramitación electrónica e xestión de documentación
  • · Seguridade en compras virtuais
  • · Innovación social

Información:

Aula TIC de Moeche

Rúa da Feira, 32 – San Xoán

Telféfono: 981404006 / 616016793 e Whatsapp: 616016793

Email: aulaticmoeche@gmail.com