O vindeiro sábado 28 de outubro impartirase na Casa do Concello un curso de primeiros auxilios.

O curso terá unha parte teórica na que se fará unha breve exposición cos conceptos básicos e logo a parte práctica onde se aplicará o aprendido mediante o uso dos maniquís, con casos e supostos que se poidan levar á vida cotiá.

Os alumnos ao rematar saberán:

  • Recoñecer unha situación de emerxencia sanitaria.
  • Activar o sistema de Emerxencias se a situación o require.
  • Poder iniciar maniobras de soporte vital básico. Dende a posición lateral de seguridade, ata maniobras de RCP, mentres se espera a chegada dos servizos de emerxencia.

 

Inscricións: no teléfono 981404006 (ext.2) ou meidante envío dunha mensaxe a correo@moeche.gal

Custe inscrición: 6€

PRAZAS LIMITADAS!!!

DATA: 28/10/2017

HORA:  09.00 a 14.00 horas.

LUGAR: soto da Casa do Concello de Moeche