Centro de Interpretación
Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas
A historia que non esquencemos
O principal punto de interese deste Centro de Interpretación é presentar a ligazón da historia de Galicia e das revoltas Irmandiñas co Castelo e a súa pervivencia. A construción conta cun copioso e recoñecido pasado histórico único, que deixou nela pegadas monumentais e culturais de primeira magnitude. Hoxe en día, e tras moitos avatares, funciona como centro de interpretación que ofrece:
- Unha colección permanente, información para os visitantes e servizo de visitas guiadas.
- Información sobre os contidos arquitectónicos e os relacionados co Movemento Irmandiño.
- Exposición permanente sobre a Revolta irmandiña en Galicia.
Fomentar a comunicación co público
A súa formulación pretende interpretar os procesos históricos do seu marco xeográfico a partir dunha serie de bens culturais mobles representados nestas coleccións, e en ocasións, tamén inmobles, a través dos seus propios elementos, conformando o itinerario interpretativo. Neste caso, a construción, conta cun copioso e recoñecido pasado histórico único, que deixou nela pegadas monumentais e culturais de primeira magnitude, mesmo a escala estatal, tanto no seu territorio como no resto da zona.
A exposición
A exposición ofrece unha relación entre as distintas temáticas e a propia colección (paneis, documentación, obxetos, fotografía…) para conseguir unha visión global e evolutiva de cada unha delas, resaltando as súas similitudes e diferenzas a través do tempo.
Aínda que dirixida a tódos os públicos en xeral, busca achegarse tamén ao pobo e xentes de Moeche, buscando potenciar a súa memoria común e cultural e a súa ansia de proxectarse como pobo con identidade e historia propia para promover a participación cidadá local e rexional. Os contidos que se ofrecen pódense agrupar en tres grandes temas: as Revoltas Irmandiñas, a liñaxe da Casa de Lemos e o Castelo.
Horario
Reapertura 2020
Por motivos de mantemento e limpeza, o castelo permanecerá pechado ata o 13 de marzo de 2020
Data de reapertura: 14 de marzo de 2020
Mércores, xoves e venres: 11.30 a 14.00 ; 16.30 a 19.00h
Fins de semana e festivos. 11.00 a 14.00 ; 16.00 a 19.00 h
Luns e martes pechado por descanso do persoal.
Outros Centros de Interpretación
Podes ver información de outros museos e centros de interpretación na seguinte ligazón:
>>>VISITAR<<<
Nas redes sociais
[dc_social_wall id="29570"]