O campamento de verán Sementeira é un programa que  ofrece un servizo para conciliar a vida persoal, familiar e laboral mediante actividades de caracter lúdico e educativo dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

Sementeira ofrece un conxunto de actividades que, nesta edición, terán como fío condutor a vida nas nosas vilas e aldeas. As actividades terán como base o Pavillón polideportivo de San Ramón e saídas a diferentes puntos do concello e da comarca con actividades formativas e lúdicas:  actividades  na feira, na aula informática da Casa do concello, na área recreativa de Souto Grande, no castelo, na piscina, no centro cultural, pistas deportivas, patio da escola, excursións, actuacións musicais etc. e para rematar, festa de fin de campamento con inchables, e xogos.

Duración: meses de xullo e agosto (do 2 de xullo ata o 24 de agosto)

Horarios: de luns a venres, dúas quendas:

  1. 00 a 14.00
  2. 00 a 14.00

As actividades desenvolveranse a partir das 10.00 horas. Os participantes da quenda das 09.00 horas realizarán actividades de lectura e xogos na primeira hora. A media mañá farase un descanso con merenda incluída, a cargo da organización.

Persoas destinatarias

O programa está dirixido a nenas e nenos cunha idade comprendida entre 3 e 12 anos.

Terán preferencia, tendo en conta a data de rexistro de entrada no Concello, respectando a seguinte orde:

  1. Alumnado do CEIP San Ramón
  2. Familias con algún membro empadroado no Concello de Moeche (avós, avoas e nais e pais).
  3. Familias con algún dos membros con vinculación laboral no municipio

En cada un dos casos anterior, sempre terán preferencia as solicitudes que demanden horario madrugador, dende as 9.00 horas.

Resérvanse 2 prazas para derivacións dos servizos sociais ou casos de urxencia por motivos socio-familiares ou económicos.

Prazas: ofrécense ata un máximo de 30 prazas. Na franxa horaria de 9.00 a 10:00 horas só se ofrecen 8 prazas.

Inscrición
Matrícula do 4 ao 22  de xuño, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas na Casa do Concello.

Só poderán proceder ao pagamento para a praza, os nenos ou nenas estean matriculados no CEIP San Ramón, dado que son as que teñen preferencia.
Rematado o prazo de matrícula, o resto das familias que o solicitasen deberán efectuar o pagamento unha vez que lle confirmen a praza desde o departamento de Benestar Social e Igualdade.
En función do horario de entrada, as cotas mensuais serán as seguintes:
Horario de 9.00 a 14.00        Horario de 10.00 a 14.00
1º Membro familiar                     70 €                                60 €
2º Membro familiar                     60 €                                50 €
3º Membro familiar                     50 €                                45 €

A cota de inscrición na actividade dos dous meses:

Horario de 9.00 a 14.00    Horario de 10.00 a 14.00
1º Membro familiar                     120 €                              110 €
2º Membro familiar                       95 €                                85 €
3º Membro familiar                       80 €                                70 €

Documentación para a inscrición:

Ficha de inscrición

Autorización

Ficha médica