A piscina municipal abrirá as súas portas o vindeiro 17 de xuño ata rematar a tempada o 15 de setembro. Se ben a piscina abre ao público o luns 17, o domingo 16 xa a poderán visitar as nenas e nenos da escola de Moeche coas súas familias, para gozar dunha xornada festiva de despedida do curso, organizada pola ANPA do CEIP San Ramón en colaboración co Concello.
A partir de luns 17 a piscina manterá os seguintes horarios, practicamente igual que os outros anos:
de luns a venres sábados, domingos e festivos
xuño 16 a 21.00h. 12 a 21.00h.
xullo e agosto 14.30 a 21.00h. 12 a 21.00h.
para cursos de natación 12 a 13.00h
setembro 16 a 20.00h. 12 a 20.00h.
As entradas para días soltos poden mercarse no ambigú da propia piscina. Porén, os abonos -que saen moito máis a conta- hai que solicitalos na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14.00h., ou ben enviándolle un correo a daniel.feijoo@moeche.gal. O carné de acceso entregarase despois de presentar toda a documentación requirida. A folla de solicitude de abono pode descargarse desde esta ligazón.
Mantéñense os prezos públicos de utilización da piscina iguais desde 2016, cando se modificou a ordenanza cunha baixa dos abonos familiares:
Cota de entrada pública
Menores de 3 anos gratis
Infantil (ata 12 anos) 1,50€
Entrada xeral (máis de 12 anos) 2,80€
Abono de tempada
Infantil (ata 12 anos 15,00€
Persoas de máis de 12 anos 30,50€
Familiar (ata 4 persoas*) 58,50€
Familiar (a partir da 5ª persoa*) 10,00€
* As persoas usuarias que integren o abono familiar deberán ter unha vinculación directa entre elas, por afinidade o consanguinidade de 3º grao (avós/as, pai/nai, fillos/as, irmá/a, tíos/as, sobriños/as, bisavós, bisnetos)
Documentación en formato pdf
Últimos comentarios