Chegadas de diferentes puntos de Galicia e Asturias, 118 persoas participaron no III Open de Dominó Concello de Moeche. Equipos de Moeche, Cerdido, Valdoviño, Viveiro, Asturias, Vigo, Cangas. Lalín,Forcarei, Chantada, Ares, As Pontes e Ponte Caldelas animaron na nave do mercado toda a xornada nunha competición puntuable para os campionatos galegos e estatais
Deu comezo ás 10.45 ata aproximadamente as 19.00, momento en que rematou a últimas das sete roldas. Competiuse no apartado de parellas e no de equipos. No caso dos equipos debían estar federados para optaren aos premios; estes nas dúas categorías consistiron en trofeos e paletillas para as cinco mellores parellas -ademais dos 320€ que se repartirán entre as tres primeiras- e, no caso dos equipos, 250€ para o primeiro, 150 para o segundo, 100 euros para o terceiro e 80€ para o 4º, 5º e 6º clasificados.
Pasadas as sete da tarde tivo lugar a entrega de premios a cargo do concelleiro de Deportes, Miguel Pedreira, e da alcaldesa, Beatriz Bascoy.
Na clasificación individual a clasificación deixou o seguinte resultado
1º José A. Montero- José M.Formoso, do Pito dobre A
2 Rafael González- Pablo González, do Morrazo
3 Polinar Fernández-Ángel Corredoira, de Chantada
4 Arsenio Martínez-Manuel Allegue, do Dominó CVM
5 Juan B.Vázquez-Emilio J. López, do Deza
Por equipos, tamén foron os das Pontes, cos equipos Pito Dobre A e Pito Dobre B, os que acadaron o primeiro e segundo posto, e os “ da casa” o equipo da Asociación CVM (Cerdido, Valdoviño,Moeche) acadaron o 3º posto.
Por equipos, a clasificación para os 6 primerios, que optaban a premio, quedou así:
1 Pito Dobre A(As Pontes)
2 Pito Dobre B (As Pontes)
3 Dominó CVM (Cerdido,Valdoviño, Moeche)
4 Olivo (Vigo)
5 Xabre-A (Ares)
6 O Morrazo (Cangas)
Apoio e solidariedade ante a problemática da central de Endesa
Ao longo da xornada, houbo tempo para a solidariedade e a demanda dunha transición xusta na defensa do emprego nas Pontes e nas comarcas afectadas. Así os presidentes das tres entidades representantes das persoas participantes no Open de Dominó Concello de Moeche e do Comité de Organización- Asociación CVM, Asoc. Pito Dobre e o Presidente da Federación Galega de Dominó– asinaron un manifesto de apoio e reivindicación ante a grave problemática que se presenta no conxunto das comarcas e que fixeron chegar ao Concello de Moeche.
Últimos comentarios