Nace unha nova asociación en Moeche, chamada AORA (Agrupación Operativa Radio Axuda Moeche).

Esta idea parte duns veciñ@s que viron a falla e necesidade de que Moeche conte cun servizo de voluntariado para representar ao concello nos eventos e actividades botando unha man nas tarefas para previr as situacións de emerxencia.

Ten como obxectivo que Moeche conte cun voluntariado para cubrir as tarefas básicas que garantan que os eventos e as grandes aglomeracións de xente se desenrolen con normalidade; previndo incidencias e colaborando cos servizos de emerxencia e protección civil. Por tanto, esta asociación de voluntarios, busca xente, xente altruista con ganas de colaborar cos servizos de emerxencia e protección civil na organización de eventos, feiras, probas deportivas, etc. E para iso necesítante a tí! Anímate, que sen a túa colaboración este proxecto non terá futuro! Faite voluntario e/ou colaborador chamando a:

  • 696 617 645 (PREGUNTA POR FRAN)
  • 686 576 855 (PREGUNTA POR JOSÉ ANDRÉS “TENDI”)
  • 620 830 614 (PREGUNTA POR JOSE)

Tamén podes dirixirte ao concello, onde che facilitaremos máis información, así coma no seguinte correo electrónico: deportes@moeche.gal