A execución do proxecto formación de novas beirarrúas e reposición das existentes en Balocos, aprobado polo Concello e financiado cos fondos adicionais que o Plan Único 2017 achegou dos remanentes,  recaeu na empresa CONSTRUCCIONES CANOSA S.L. O contrato – licitado por procedemento aberto simplificado- vén de ser adxudicado en 51.474,20 €. máis 21% de IVE, nun total de 62.283,78€

Os fondos de remanentes do Plan Adicional do POS+ de 2017 destinaranse á contratación da execución da obra de formación de novas beirarrúas e reposición das existentes en Balocos. As marxes da estrada AC-862 nunha parte do núcleo de Balocos carecen de beirarrúas e as que existen atópanse en moi mal estado, con multitude de plaquetas afundidas ou rotas e bordos case inexistentes polo enorme desgaste que presentan.

O proxecto pretende a renovación das beirarrúas existentes nas dúas marxes da estrada AC-862 no entorno de Balocos, aproximadamente entre os P.K. 25+255 e 25+550, así como a creación de novos treitos de beirarrúas coa finalidade de comunicar a pista traseira de Balocos coas beirarrúas xa existentes ou ampliar nas dúas marxes e, en xeral, coa obxectivo de que a veciñanza se poida mover a pé polas marxes da estrada AC-862 con moita máis comodidade e sen risco de sufrir un atropelo. O estado actual das beirarrúas é malo e require dunha completa renovación, previa demolición.

O pasado mes de xaneiro rematou o prazo para presentar ofertas no procedemento aberto simplificado que partiu cun prezo de licitación de 68.188,95 €. Tras a correspondente valoración de criterios de adxudicación e da valoración económica, resultou axudicataria a empresa Construccións Canosa S.L. cun importe de 62.283,78€.

Tras a presentación da documentación correspondente por parte da empresa e a sinatura do contrato, esta dispón dun máximo de 90 días para a execución do contrato.

Enlace licitación