As persoas que participan nas escolas deportivas municipais están a recibir estes días un correo electrónico do técnico municipal de Deportes cunha pequena guía para seguir facendo exercicio, utlizando “o que teñamos a man” . Estas pautas teñen como obxectivo axudar a coidar a saúde mentres teñamos que “quedar na casa”. Ademais dunhas sinxelas pautas, tamén informa de diferentes ligazóns na rede para consultar vídeos na mesma liña.
Agora máis ca nunca cremos que é importante facilitar a información e todos os medios posibles para coidar o estado físico e emocional mediante o exercicío moderado. Non se trata de preparar unhas olimpiadas na casa, senón de seguir mantendo unha boa condición física.
Se non formas parte das escolas deportivas ou se non che chegou, podes consulta a sinxela guía nesta ligazon: