O Concello de Moeche publica a convocatoria e as bases das axudas ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades, obras ou servizos do ano 2019.

A convocatoria para que as entidades sen animo de lucro soliciten as axudas para o desenvolvemento de actividades, obras ou servizos durante o ano 2019 foi publicada no BOP do día de hoxe, 26 de novembro, pola Base Nacional de Subvencións (BDNS)

As entidades veciñais, deportivas e culturais do municipio, que non teñan ningún tipo de convenio asinado co Concello, poden acollerse a estas axudas ata o 11 de decembro. As bases foron publicadas polo Concello no BOP do pasado 14 de novembro, sen embargo o prazo de presentación non comezaba ata que a BDNS publicase o extracto das bases e convocatoria, o que aconteceu hoxe, 26 de novembro.

O Concello destina 4.000,00 euros para esta convocatoria, cantidade que se suma ao 29.200,00 euros reservados no orzamento municipal para convenios nominativos e outras axudas.

A xustificación das axudas concedidas deberá presentarse antes do 20 de decembro de 2019.

Documentación: