O censo electoral para as próximas eleccións ao Parlamento Galego, que terán lugar o 5 de abril, está á exposición pública desde o 17 de febreiro ata o 24 de febreiro, ambos días incluídos, nas oficinas da Casa do Concello.
Todas as persoas inscritas no censo electoral consultar os seus datos de inscrición e , de ser necesario, presentar as oportunas alegacións . É importante a comprobación dos datos por parte de todas as persoas, especialmente aqueles que recentemente realizasen algunha modificación dos seus datos persoais ou cambio de domicilio así como aquelas que cumpriron hai pouco os 18 anos.
En Moeche, a 1 de xaneiro de 2020. o censo electoral para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego componse de 1380 persoas , 1069 residentes en Galicia e 311 no estranxeiro.
O Censo electoral permanecerá en exposición pública desde o 17 de febreiro ata o 24 de febreiro, ambos días incluídos, na Casa do Concello e pódese consultar en horario de 8.30 a 15.00 h. Así mesmo, a Oficina do Censo Electoral pon a disposición das persoas interesadas os seguintes teléfonos de consulta: 981 21 74 39/ 981 217 426/ 901 101 900 . Tamén se poden comprobar os datos na web do INE, coa obrigatoriedade de acceder con certificado dixital ou no consulado correspondente , na Delegación provincial da Oficina do Censo Electoral.
Voto por correo
O prazo de solicitude está aberto desde o 11 de febreiro ao 26 de marzo. A petición pode facerse mediante un impreso en calquera oficina de Correos ou ben xerar a solicitude na web do INE para despois imprimila e levala á oficina postal máis próxima.
Enlace ao procedemento para solicitar o voto por correo
Sorteo para as mesas electorais
O Concello deberá realizar en sesión plenaria o sorteo para a composición das mesas electorais entre o 6 e 10 de marzo.
Últimos comentarios