As asembleas veciñais remataron o pasado 21 de novembro, data en que se celebrou a correspondente á parroquia de Santa Cruz. O obxectivo principal destas xuntanzas veciñais é recoller as demandas e propostas veciñais para procurar integralas no orzamento xeral do Concello do 2018 así como facilitar a participación vecinal no funcionamiento do Concello.

As persoas asistentes centraron as súas demandas e propostas  en obras ou investimentos necesarios, como instalación de elementos de seguridade viaria, (novos sinais, bandas rugosas, limitacións de tonelaxe en vías,limites de velocidade, …), a ampliación da rede municipal de submnistro de auga, novos tramos de saneamento, beirarrúas, obras nalgún local social, pavimentación dalgunhas pistas, instalación de máis colectores de recollida selectiva, etc. Obras e investimentos que o Concello asumirá con fondos propios coa aprobación dun proxecto de case 76.000,00€ para pavimentacion de vías e camiños e coa adquisicion de mobiliairo urbano e material de seguridad viaria, e outras de maior complexidades -como o saneamento, as beirarrúas ou a reforma de locais sociais- para as que se utilizará o Plan Único 2018 da Deputación da Coruña ou se solicitarán fondos doutras Administracións.

Pero mais alá destas propostas, un total de 52  presentadas polas 37 persoas participantes- , nas asembleas veciñais transmítense as preocupación comúns a todos como a limpeza de terreos, as distancias de plantacións, o problema da seca de pozos, o grave problema das vespas velutinas e os danos causados nas pistas forestais polas labores de saca de madeira,

Os membros do goberno local informaron das medidas adoptadas polo propio Concello, por exemplo, na limpeza de terreos, onde se fai un seguimento do cumprimento dos requirimentos que vai dando bo resultado, da ampliación de usuarios do Servizo de Axuda ao Fogar, dos investimentos previstos na pavimentación de pistas e do plan anual de rebacheo e mantemento que se dsenvolve desde o 2016 así como dos criterios para ir ampliando a rede de auga.  Respecto deste último asunto, a alcaldesa Beatriz Bascoy, iinformou dos investimentos realizados nestes dous anos de reparación e mellora da rede para evitar fugas “ que superaron os 35.000,00€ e  permiten na actualidade reducir o consumo medio diario a 90m3 desde os 125 m3 de media que se consumían ou perdían” , indicou tamén que se recibiron varias solicitudes ao longo do ano para o abastecemento da traída municipal de auga en diferentes lugares do concello e se establecen uns criterios para ir asumindo as demandas como foi no caso da ampliación de Vilapedre e da Graña. Así mesmo, se informou das medidas xestionadas por outras Administracións, como no caso das distancias de plantacions ou nas avespas velutinas.