Moeche participa esta fin de semana no I Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e faino representado por 7 rapaces e rapazas do Grupo de Participación Infantil .

Este I Encontro está organizado por Unicef Galicia en Castrelo de Miño e nel participarán 50 representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente de diferentes concellos de Galicia. O evento persegue dous obxectivos: por un lado intercambiar experiencias entre os diferentes consellos de participación infantil e adolescente de Galicia, e por outro darlles aos rapaces e rapazas a posibilidade de opinar e debater sobre temas que son do seu interese, considerando o marco de dereitos de infancia, e como espazo exclusivo de participación de rapaces e rapazas, facilitado por un equipo de dinamización e no marco do programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF. Os Consellos Locais da Infancia e Adoelscencia son marco idoneo para promover a inclusión da infancia e da adolescencia nas políticas municipais. Este  primeiro encontro  debaterán temas  propostos  por eles e elas nas reunións mantidas anteriormente nos seus propios concellos, entre eles o cambio climático, a  educación , a pobreza infantil, a participación  e a protección, ademais da igualdade de xénero como tema transversal.

Inicialmente cada Concello participante dispoñia de 5 prazas para menores, pero finalmente desde Moeche poden participar 7 dos 11 membros do CLIA. Estarán acompañados pola técnica municipal de desenvolvemento local, Raquel Novo, e pola alcaldesa, Beatriz Bascoy. Os participantes aloxaranse no albergue municipal entre os días 8 e 9 de xuño e, Moeche e Cabanas-o outro Concello Amigo da infancia do norte- , decidiron compartir transporte ata Castrelo de Miño. Para a alcaldesa, Beatriz Bascoy «é unha oportunidade para a rapazada poder participar neste I Encontro e compartir experiencias con compañeiros e compañeiras doutros concelllos”

A rapazada de Moeche mantén reunións cada sabado útimo do mes para aprender dinámicas de participacion e facer propostas en materias do seu interese ou trasladar a súa opinión naquelas cuestións sobre as que o Concello os consulta.

Nesa liña actualmente Moeche conta con varias actividades en marcha destinadas á infancia e á adolescencia ou propostas por elas e elas: escolas deportivas de verán, curso de informática para menores, campamento Sementeira, actividade infantil específica na Feira do Gado Vacún, pintado do peche da escola co deseño elixido polo Grupo de Participación Infantil ou recentemente o cambio do nome dunha das rúas principais do municipio , agora bautizada coa súa porpostas, Rúa 23 de abril.