A chegada do verán tamén marca o inicio da temporada de piscina na área recreativa de Soutogrande. O vaso estará aberto ao público xeral desde o 18 de xuño até o 16 de setembro mantendo os mesmos horarios que en anos anteriores. Tamén o espazo do bar, resolto o concurso público abrirá as súas portas ao público, pero xa o fará desde o domingo 17, data en que a área recreativa acollerá unha xornada festiva de fin de curso organizada pola ANPA do CEIP San Ramón.
A piscina abrirase ao público o luns 18 , ainda que o domingo 17 xa a poderán visitar as nenas e nenos da escola e de Moeche que gozarán dunha xornada festiva para despediren o curso, organizada pola ANPA do CEIP San Ramón. A partir de luns 18 a piscina manterá os horarios dos dous últimos anos:
de luns a venres |
sábados, domingos e festivos |
xuño |
|
16 a 21.00h. |
12 a 21.00h. |
xullo e agosto |
|
14 a 21.00h. 12 a 13.00h. para cursos de natación |
12 a 21.00h. |
setembro |
|
16 a 20.00h. |
12 a 20.00h. |
As entradas para días soltos poden mercarse no ambigú da propia piscina. Porén, os abonos -que saen moito máis a conta- hai que solicitalos na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14.00h., ou ben enviándolle un correo a daniel.feijoo@moeche.gal. O carné de acceso entregarase despois de presentar toda a documentación requirida. A folla de solicitude de abono pode descargarse desde esta ligazón.
Os prezos públicos de utilización da piscina mantéñense invariables desde 2016, cando se modificou a ordenanza cunha baixa dos abonos familiares:
Cota de entrada pública |
|
Menores de 3 anos |
gratis |
Infantil (ata 12 anos) |
1,50€ |
Entrada xeral (máis de 12 anos) |
2,80€ |
Abono de temporada |
|
Infantil (ata 12 anos) |
15€ |
Persoas de máis de 12 anos |
30,50€ |
Familiar (ata 4 persoas*) |
58,50€ |
Familiar (a partir da 5ª persoa*) |
10€ |
* As persoas usuarias que integren o abono familiar deberán ter unha vinculación directa entre elas, por afinidade o consanguinidade de 3º grao (avós/as, pai/nai, fillos/as, irmá/a, tíos/as, sobriños/as, bisavós, bisnetos) |
Adxudicación do espazo de bar
Para a licitación mediante procedemento aberto, do contrato menor para a xestión do servizo de bar e atención das instalacións da piscina municipal durante a temporada 2018, a Mesa de Contratación procedeu a apertura das tres ofertas en acto público e a valoración dos requisitos recollidos no prego de condicións. A Xunta de Goberno procedeu á axudicación provisional ao licitador que acadou a máxima puntuación, 65 puntos , sen embargo este presentou a súa renuncia. En consecuencia resultou adxudicatario Óscar Padín, quen acadou a segunda mellor puntuación, 46,17 puntos cunha oferta económica de 684,00€. A adxudicación definitiva foi aprobada hoxe pola Xunta de Goberno en sesión extraordinaria. O bar abrirá as portas ao público desde o domingo 17 de xuño ao 16 de setembro no horario da piscina .